OFRENDA DE TRANSLACIÓN
Reyes Leis pídelle ao Apóstolo Santiago "alivio" ante as fatalidades de 2013 e "alento" para os que buscan emprego
A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, exerceu de delegada rexia na Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo, en substitución do alcalde compostelán, Ángel Currás, inicialmente designado pola Casa Real, pero ausente polo falecemento da súa nai. A oferente fixo un repaso polo acontecido en 2013, con especial lembranza á traxedia do tren descarrilado en Angrois, e pregoulle ao Santo por un 2014 con emprego, igualdade de oportunidades e solidariedade.
COMERCIO
O deseño "A chave do teu barrio" será a imaxe-marca da sinaléctica comercial do barrio de San Pedro
O xurado xa elixiu a que será a imaxe-marca da sinaléctica comercial do barrio de San Pedro entre as cinco propostas que obtiveron maior número de votos das 31 presentadas ao concurso para elixir a marca deste espazo da cidade. A seleccionada leva por lema "A chave do teu barrio" e foi realizada polos arquitectos Camilo Blanco Pampín e Nuria Freire González.
BENESTAR SOCIAL
A campaña "Compar-T un xoguete" reúne 1.630 xoguetes para preto de 300 nenos
A campaña Compar-T un xoguete, posta en marcha polo Equipo de Dinamización Social do programa Urbana Santiago Norte en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, permitirá repartir, ao longo das xornadas do xoves 2 de xaneiro e do venres día 3 un total de 1.630 xoguetes, grazas á colaboración desinteresada de particulares e diferentes entidades.