TURISMO
O concurso turístico "Desexo concedido" xa ten os seus 20 gañadores
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, presentaron os gañadores do concurso Desexo concedido, que formou parte da campaña promocional de inverno de Turismo de Santiago de Compostela.
EMPREGO
O Concello inicia as accións para mellorar a cualificación profesional de 200 persoas no marco do Urbana Santiago Norte
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, visitou o Curso de Operadores/as de Carretillas Elevadoras, que se desenvolve no Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás (Aríns). Este curso forma parte das accións formativas postas en marcha polo Concello dentro do Programa de Cualificación Profesional do Urbana Santiago Norte.
DEPORTES
Xornada de portas abertas para fomentar a práctica da ximnasia rítmica
O pavillón polideportivo de Pontepedriña acollerá o sábado 4 de xaneiro a I Xornada de Portas Abertas de Ximnasia Rítmica, organizada polo Club Ximnasia Rítmica Viravolta, un dos dous clubs desta disciplina cos que conta a cidade. A participación é de balde e está aberta a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos.
FESTAS
A igrexa de Santa María do Camiño acolle unha xornada de solidariedade a beneficio da Cociña Económica
A Concellería de Festas colabora por segundo ano consecutivo na Humildade pola solidariedade, unha xornada solidaria e festiva organizada pola Confraría da Humildade que se celebrará o sábado 28 de decembro na igrexa de Santa María do Camiño. Os alimentos non perecedoiros recadados irán destinados á Cociña Económica.
COMERCIO
Catro veciños da Almáciga, Meixonfrío, Vite e A Trisca serán a imaxe da campaña "No corazón do teu barrio"
A campaña No corazón do teu barrio, incluída no programa Urbana Santiago Norte, xa ten os seus catro gañadores. Estes catro veciños serán a imaxe da devandita campaña e recibirán un iPad mini como premio.
COMERCIO
Trinta e un deseños aspiran a ser a imaxe-marca da sinaléctica comercial do barrio de San Pedro
Rematado o prazo de presentación de deseños para ser a imaxe-marca da sinaléctica comercial do barrio de San Pedro, foron 31 as propostas finalmente recibidas. Ata as 13:00 horas do domingo 29 de decembro, calquera persoa pode achegarse ao Museo do Pobo Galego para ver estes deseños e votar a mellor. O luns 30 de decembro, o xurado elixirá a imaxe final do barrio de San Pedro entre as cinco propostas que obtiveran maior número de votos.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude organiza outro obradoiro de doces de Nadal
Debido á gran demanda para o obradoiro Doces de Nadal, previsto para o 30 de decembro, a Concellería de Xuventude organiza outra sesión máis do mesmo o xoves 2 de xaneiro.
CULTURA
Pistacatro representa "Impreuna": o circo feito en Galicia "como nunca antes viras"
Circo, danza, teatro e comedia xúntanse no espectáculo Impreuna, de Pistacatro, que estará no Auditorio de Galicia o venres 27 e o sábado 28 de decembro ás 20:30 horas.
IGUALDADE
Quince menores aprenden mediante as artes plásticas a afrontar situacións de violencia de xénero ou de problemas familiares
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Igualdade, María Castelao, e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, visitaron a actividade de intervención con menores expostos a situación de violencia de xénero que se celebra na Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños.
XUVENTUDE
Obradoiro de pequenos agasallos
Este xoves e venres, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle un Obradoiro de pequenos agasallos. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu á primeira das sesións.