PARQUES E XARDÍNS
A praza de Galicia deixará de ser só un lugar de paso para albergar un parque infantil e unha zona de estancia familiar
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, presentou o proxecto de reforma da praza de Galicia. Este espazo, tránsito entre o casco histórico e o Ensanche, albergará agora un parque infantil. Investiranse 149.973 euros nunha intervención que estará rematada nun prazo de dous meses.
EDUCACIÓN
O Concello abrirá expediente á xestora das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A concelleira de Educación, María Castelao, comunicou a apertura de expediente á empresa encargada da xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas, por incumprimento do prego de condicións do contrato. Esta decisión tomouse unha vez recibido o informe de 23 páxinas realizado polo xefe do Departamento de Educación –encargado o 12 de novembro- no que se constatan incumprimentos en materia de persoal e de comunicación.
CULTURA
Curtocircuíto proxectará preto de 60 curtas na súa décima edición
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou en rolda de prensa, xunto a José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia, e Pela de Álamo, director de Curtocircuíto, a programación completa do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela. O certame terá lugar do 9 ao 13 de decembro, con proxeccións no Teatro Principal e na Zona C, e actividades paralelas no CGAC.