COMERCIO
Actividades de dinamización comercial na rúa Nova e no Ensanche durante este Nadal
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou varias accións de dinamización comercial para este Nadal ás que o Concello presta o seu apoio. Trátase das promovidas polos comerciantes e hostaleiros da rúa Nova e das previstas pola Fundación Santiago Centro.
DEPORTES
Santiago estrea a súa San Silvestre para pechar a temporada atlética
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a primeira edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que pretender culminar dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira celebrarase o martes 31 de decembro ás 17:30 horas, con saída na avenida Antonio R. Ibáñez (Campus Vida) e chegada na Porta dos Leóns da Alameda.
COMERCIO
Papá Noel recollerá peticións no seu recuncho da Alameda
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, visitou o Recuncho de Papá Noel, que comezará a funcionar a partir do 20. Logo, pasou polas sete casetas que este Nadal están empregando diversas entidades sociais para divulgar as súas actividades. Tanto o Recuncho como as casetas están situados na Alameda, a carón da pista de xeo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Felicitación de Nadal dende a Rede de Centros Socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais felicita o Nadal e desexa un venturoso 2014 co seu Lip Dub (vídeo musical) rodado o pasado ano e actualizado para este como felicitación de Nadal.
XUVENTUDE
Segundo dos concertos para grupos emerxentes de Compostela
A Concellería de Xuventude con fin de visibilizar o traballo dos novos grupos de música da cidade, organizou dous concertos con catro grupos que ensaian nos Locais de Música para a Xuventude de Compostela.
XUVENTUDE
Xabier López e Sheyla Fariña gañan os certames de creación e de fotografía convocados por Xuventude
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, entregou os premios dos I Certame de Creación ImaxinART e do I Certame de Fotografía co Móbil, gañados, respectivamente, por Xabier López e Sheyla Fariña.
CULTURA
Pistacatro representa "Impreuna": o circo feito en Galicia "como nunca antes viras"
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou na Casa do Concello o espectáculo Impreuna, acompañado do director do mesmo, Pablo Reboleiro. Circo, danza, teatro e comedia xúntanse nesta proposta, que estará no Auditorio de Galicia o venres 27 e o sábado 28 de decembro ás 20:30 horas.
CULTURA
Noite de soul con The Pepper Pots
The Pepper Pots presentará We must fight na Sala Capitol este venres 20 ás 21:00 horas. Entradas á venda a 12 euros (anticipada) e 15 euros (billeteira) no Teatro Principal, Ticketea, Codetickets, A Reixa Tenda, Portobello (A Coruña) e Elepé (Vigo).