ALCALDÍA
Ángel Currás expresou aos traballadores municipais os mellores desexos para 2014
O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu un Nadal máis a tradicional recepción aos traballadores do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo.
SERVIZOS BÁSICOS
O servizo de recollida do lixo incorpora dous novos vehículos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación de dous novos camións que se suman á flota de vehículos de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo no concello de Santiago. A adxudicataria conta en total cuns 52 vehículos para a prestación do servizo.
ORZAMENTOS
A concelleira de Facenda anuncia un orzamento expansivo, social e máis inversor
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou que o orzamento municipal de 2014 estará listo para a súa aprobación inicial polo Pleno nos últimos días de decembro ou nos primeiros de xaneiro. As contas achegaranse no vindeiro exercicio aos 100 millóns de euros.
COMERCIO
O recinto feiral de Amio acolle un dos maiores parques de atraccións de Nadal do 21 de decembro ao 4 de xaneiro
A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, presentou a segunda edición de Santiagolandia, un parque de atraccións de Nadal que estará instalado do 21 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto feiral de Amio. O evento aumenta o número de días de apertura, coa previsión de superar os 10.000 visitantes de 2012.
URBANISMO
Iníciase a cuarta fase de obras no Ensanche, sen cortes previstos en horario comercial durante estas semanas de Nadal
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta do estado das obras da cuarta fase de intervencións en rúas do Ensanche. Adiantou que a partir das 16:00 horas deste mércores, quedarán abertas todas as rúas desta parte da cidade, unha vez se abran República do Salvador (entre Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas) e Frei Rosendo Salvado (entre Santiago de Chile e Romero Donallo). Indicou que non haberá cortes en horario comercial durante estas semanas do Nadal.
MOBILIDADE
Alumnos de Xeografía coñecen o funcionamento da sociedade municipal de xestión do transporte urbano
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibiu os alumnos da Facultade de Xeografía, que realizaron unha visita ás instalacións de TUSSA para coñecer o funcionamento da sociedade municipal de transporte urbano.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Últimas sesións de "Imos ao baile"
Este sábado 21 de decembro celebraranse as dúas ultimas citas deste ano 2013 do programa Imos ao baile, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá.
ALCALDÍA
O alcalde felicitou o Nadal aos composteláns
O salón vermello de Raxoi acolleu a tradicional recepción de Nadal á cidadanía de Santiago, a través da cal o alcalde, Ángel Currás, felicitou as festas aos composteláns.