COMERCIO
Un mundo de ilusións ópticas neste Nadal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coas concelleiras Reyes Leis e María Pardo, asistiu á apertura da exposición-espectáculo Ver para crer, do Mago Romarís, dentro do programa #nadalamos?. A mostra estará aberta no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19) ata o 4 de xaneiro.
ALCALDÍA
O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade
Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.
REHABILITACIÓN
Unha nova publicación pon en valor o Castelo da Rocha Forte, clave na historia medieval de Galicia
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, María Pardo, presentou o libro Rocha Forte, unha publicación que pretende por en valor esta fortaleza, símbolo do poder feudal do Arcebispado e clave na historia medieval de Santiago e de Galicia. A este libro súmase a edición dun tríptico e a creación dunha páxina web, que será presentada en breve. Ademais, en 2014 comezarán as visitas guiadas ao xacemento, co fin de seguir divulgando a súa historia.
OBRAS E MOBILIDADE
Avanzan as obras no Ensanche e instálase unha barreira de seguridade no Castiñeiriño
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, apuntou que segue a bo ritmo a terceira fase de obras no Ensanche, que afecta ás rúas Doutor Teixeiro, República Arxentina, San Pedro de Mezonzo e Santiago de Chile.
ALCALDÍA
De Moscova a Compostela
O alcalde, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a Werner van Zuylen, un cidadán belga que vén de realizar a pé o traxecto entre Praza Roxa de Moscova (Rusia) e Santiago de Compostela.
CULTURA
Gospel e soul en dous concertos especiais para estes días previos ao Nadal
New Orleans Gospel Chorale (mércores 18) e The Peppers Posts (venres 20) animarán o Nadal con dous concertos que se celebrarán, respectivamente, no Teatro Principal e na Sala Capitol.
CULTURA
Últimos días para presentarse aos Premios Auditorio de Galicia para novos artistas
O prazo de presentación de dossieres para os Premios Auditorio de Galicia para novos artistas remata este venres 20 de decembro. As bases poden consultarse e descargarse nesta mesma web (documento adxunto) ou no apartado de exposicións da páxina web www.compostelacapitalcultural.org.