MERCADOS
O Praza de Abastos reparte máis de 11.000 euros en premios na súa campaña de Nadal
Ponse en marcha a campaña de Nadal da Praza de Abastos de Santiago, que nesta edición incrementa a súa dotación en premios, superando os 11.000 euros. Os seus detalles foron presentados nunha rolda de prensa na que participaron a xerente do Mercado de Abastos de Santiago, S.Coop. G., Marta Rey; o seu presidente, José Fernández; e a concelleira de Mercados, Reyes Leis.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A segunda edición do Concurso de Cartas de Reis anima os máis pequenos a converterse en "estrelas do galego"
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou a segunda edición do Concurso de Cartas de Reis, destinado a promover o uso da lingua galega nestas datas de Nadal. Todos os que envíen as súas misivas recibirán a contestación das Súas Maxestades e un agasallo. As tres máis orixinais terán premio.
ALCALDÍA
O alcalde salienta a "visibilidade mundial" que supuxo para o Camiño a súa declaración como Patrimonio da Humanidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Monte do Gozo ao acto de conmemoración do XX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Na cerimonia, presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que contou coa presenza dos rexedores dos municipios polos que transcorre a ruta xacobea, descubriuse unha placa conmemorativa.
COMERCIO
O Concello convida a #nadalar a composteláns e visitantes durante estas festas
Un ano máis, o Concello de Santiago deseñou un amplo programa de actividades para que tanto os habitantes coma os visitantes de Compostela gocen das vindeiras festas de Nadal. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou as actividades que, baixo o concepto #nadalamos, convidan a grandes e pequenos a vivir o Nadal na cidade, pero tamén a ilusionarse, compartir, felicitar, agasallar e sorprender. Todo iso e máis é #nadalar.
SEGURIDADE CIDADÁ
O concelleiro de Seguridade Cidadá participou nos actos con motivo da festividade da patroa do Exército do Aire
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, asistiu en Lavacolla aos actos con motivo da festividade da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire.
CULTURA
O cine español e a charla sobre o non-guión marcan a terceira xornada de Curtocircuíto
Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, inicia este mércores en Santiago de Compostela a súa terceira xornada, inaugurando a actividade Cafés con CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) ás 16:30 horas no CGAC.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Xornada de votación para elixir os membros do Consello de Relacións Veciñais
A Casa das Asociacións de Cornes acolleu a xornada de votacións para as eleccións de representantes veciñais ao Consello de Relación Veciñais, tal e como se recolle no calendario electoral.
TURISMO
Entregados os premios de Santiago(é)Tapas
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na entrega de premios da VI edición do certame Santiago(é)Tapas, celebrado entre o 7 e o 24 de novembro e no que se serviron máis de 37.000 petiscos. Os seis galardóns foron repartidos nunha gala celebrada no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela.