SOSTIBILIDADE
Reformas no Estadio Multiúsos de San Lázaro para evitar recargas por reactiva na factura de enerxía eléctrica
O Concello vai realizar reformas no Estadio de San Lázaro co fin de evitar recargas por reactiva na factura da enerxía eléctrica. Esta actuación enmárcase nas medidas adoptadas polo Goberno municipal para a creación dun espazo urbano intelixente e eficiente.
MULLER E IGUALDADE
Clausurado o Congreso de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero
A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao; xunto co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, clausuraron o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrou no Hotel Oca Puerta del Camino.
ALCALDÍA
Un novo cruceiro en Angrois lembra as vítimas do accidente ferroviario
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de inauguración do novo cruceiro da parroquia de Angrois, situado no campo da festa e que lembra as vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo. Tras á cerimonia, á que tamén asistiron outros membros da Corporación, celebrouse un magosto organizado pola Asociación de Veciños da parroquia, coa colaboración do grupo de gaitas e pandereteiras da Colexiata de Sar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centos de figuras e elementos decorativos configuran un ano máis o Belén de Conxo
Os concelleiros Francisco Noya e María Pardo asistiron á inauguración do Belén de Conxo, situado un ano máis na rúa Torrente.
XUVENTUDE
Hellorice gaña o VI Certame MúsicaXove
A Sala Capitol acolleu o concerto final do VI Certame MúsicaXove, no que actuaron os catro grupos finalistas: Turbolaser (Santiago), Hellorice (Santiago), Persé (Teo) e Neko e Daso (Poio). Rematadas as actuacións, fíxose pública a decisión do xurado, que elixiu como gañador desta edición a Hellorice. Turbolaser obtivo o segundo premio e Persé levou o premio especial do xurado.