EMPREGO
O Concello e a Asociación de Executivas de Galicia colaborarán en accións formativas para promover o emprego feminino
A concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, asistiu a un almorzo informativo da Asociación de Executivas de Galicia. Participaron tamén as concelleiras Amelia González e Rebeca Domínguez. Do encontro saíu o compromiso de colaboración para a posta en marcha de programas de formación para fomentar o emprego feminino.
MULLER E IGUALDADE
Máis de 100 profesionais participarán no I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero
O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con tal motivo, a Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Igualdade organiza o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro no Hotel Oca Puerta del Camino.
TURISMO
A Cidade da Cultura acolle o Viñerón 2013
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas, presentaron no Pazo de Raxoi, a segunda edición de Viñerón, que terá lugar na Cidade da Cultura o sábado 30 de novembro. Viñerón defínese como unha "quedada" vitivinícola, un novo concepto de feira vitivinícola adaptada ás demandas dos apaixonados do viño, propiciando o encontro directo entre 20 dos mellores viticultores da vangarda creativa europea e afeccionados chegados de toda.../em>
CULTURA
Os Premios Auditorio de Galicia para novos artistas chegan á súa oitava edición
Os premios do Auditorio de Galicia para novos artistas, cumpren este ano a oitava edición. Comezaron a celebrarse con carácter anual, no ano 2001, para pasar a ser bienais, propiciando un tempo imprescindible, tanto para dar cabida a novos artistas como para permitir aos que se veñen presentando as sucesivas edicións, afondar nas liñas de traballo. A nova convocatoria foi presentada en rolda de prensa polo alcalde, Ángel Currás, e polo director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou.
CONSORCIO
O alcalde visita catro das sete fontes históricas restauradas na cidade
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promoveu a restauración de sete fontes históricas da cidade. O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado da xerente do Consorcio, María Antón, e da concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron catro delas para comprobar os resultados dos traballos. Trátase das fontes de Fonseca, Fonte Sequelo, Virxe da Cerca e Porta do Camiño. Ademais, restauráronse as de San Martiño Pinario, Toural e Santa Clara. O proxecto, cun orzamento global de 93.083 euros,...
SEGURIDADE CIDADÁ
Os controis efectuados a 59 vehículos de transporte escolar deixan un balance de unicamente seis infraccións leves
Do 4 ao 10 de novembro, a Policía Local efectuou unha campaña de vixilancia e control do transporte escolar dos centros educativos da cidade. Dos 59 vehículos inspeccionados, en só seis se detectou unha infracción leve, por ausencia dunha autorización administrativa especial para transporte escolar outorgada pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
Avanzan ao ritmo previsto as obras de reurbanización da rúa de San Pedro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou as obras na rúa de San Pedro, constatando que "avanzan de acordo co previsto", coa previsión de que "a finais de febreiro, a obra estea rematada, e mesmo estea incorporado o novo mobiliario urbano". Neste sentido, de favorecer o clima, non descartou que se poida adiantar a conclusión dos traballos.