ALCALDÍA
O Rei interésase polo labor de mecenado da Fundación Barrié coa Catedral de Santiago
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, participou na audiencia concedida polo Rei ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España con motivo do 20º aniversario da súa constitución. O monarca interesouse especialmente pola recente concesión do Premio Patrimonio á Fundación Barrié, a proposta do propio rexedor compostelán.
TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España viaxan a Bélxica e a Xapón para atraer novos visitantes
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España -que forman as cidades de Santiago de Compostela, Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Segovia, Tarragona e Toledo- organiza dende este martes e ata o xoves unha intensa campaña de promoción turística en Bélxica e Xapón para tratar de incrementar a chegada de turistas procedentes destes dous países.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Xunta Local de Seguridade acorda a creación de dúas mesas de coordinación en materia de violencia de xénero
A Xunta Local de Seguridade reuniuse no Pazo de Raxoi baixo a presidencia do concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, e do subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Na xuntanza analizáronse os datos de criminalidade da cidade e acordouse a creación dunha mesa de coordinación policial e doutra interinstitucional en materia de violencia de xénero.
BENESTAR SOCIAL
Conclúe o proxecto sobre vulnerabilidade social desenvolvido en Fontiñas co alumnado do IES Antonio Fraguas
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, moderou no Centro Sociocultural das Fontiñas a mesa redonda de clausura do proxecto A nosa vida… en positivo?: vulnerabilidade social en adolescentes, reflexións técnicas e experiencias vitais.
CULTURA
A nova xira de Bunbury chega en 2014 a Galicia cunha data exclusiva en Compostela
A nova xira de Enrique Bunbury chega a Galicia no 2014 dentro do ciclo Compostela Rock. A cita será o sábado 7 de xuño no Multiusos Fontes do Sar, con apertura de portas ás 20:00 horas e comezo do concerto previsto para as 21:30 horas. As entradas, a 40 € + gastos, estarán dispoñibles dende este martes 19, a través da Rede Ticketmaster (web, Halcón Viajes, Carrefour, FNAC), marcaentradas.com e o despacho de billetes do Teatro Principal.
CONSORCIO
Aparece o resto dunha lápida antiga na cornixa da fachada de San Francisco
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a promover a limpeza da fachada principal da igrexa do Convento de San Francisco, de finais do século XVIII. A intervención céntrase na eliminación de humidades, plantas, mofos e algas, así como da sucidade provocada polo excremento das pombas. As obras, adxudicadas á empresa Techné, teñen un orzamento de 62.547 euros. Os traballos comezaron en setembro deste ano e está previsto que rematen no mes de decembro.
CULTURA
Primeiro pase en Cineuropa da premiada "La grande bellezza", de Paolo Sorrentino
Na xornada do mércores 20 de Cineuropa chega La grande bellezza, de Paolo Sorrentino. O filme, que obtivo grande éxito en Cannes, está nominado nas catro categorías principais, mellor película, dirección, actor e guión, aos premios de Cinema Europeo EFA. Ademais, vén de facerse cos premios a mellor actor e mellor coprodución europea no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.
CULTURA
María de Medeiros, premiada en Cineuropa
María de Medeiros recolleu o segundo dos premios Cineuropa desta edición, tras o recibido por José Sacristán. Foi nun acto no Salón Teatro, no que o concelleiro Francisco Noya lle entregou o premio á actriz, directora e cantante portuguesa.