ALCALDÍA
Compromiso municipal para rematar o plan director do Museo do Pobo Galego
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi González, e ao director do Museo, Carlos García Martínez, cos que falou sobre o plan director desta institución.
URBANISMO
Santiago de Compostela, primeiro concello en esixir a certificación de eficiencia enerxética nos seus novos edificios
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 11 de novembro publicaba a apertura do procedemento aberto de contratación das obras de contratación do centro cívico no Romaño-Vista Alegre. O tipo de licitación é de 775.000 euros e o prazo de execución de 10 meses.
MERCADOS
Reyes Leis e os gandeiros analizaron coa concesionaria do Recinto Feiral de Amio o estado de execución das obras de mellora
A concelleira de Mercados visitou o Recinto Feiral de Amio con representantes dos gandeiros para analizar coa concesionaria o estado de execución das obras que se lle demandaran durante o verán. Reyes Leis confía en que estes traballos estean realizados antes de finais de ano.
URBANISMO
A concelleiras de Urbanismo e de Benestar Social explicaron a experiencia compostelá en accesibilidade nos espazos públicos
As concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Benestar Social, María Castelao, asistiron á inauguración do curso técnico sobre "Accesibilidade universal aplicada", organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e que se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Nas súas intervencións, as concelleiras explicaron a experiencia municipal en accesibilidade nos espazos públicos.
CONSORCIO
A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago recibe o premio da XII Bienal Española de Arquitectura
A rehabilitación do antigo Banco de España como sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago foi galardoada na última edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, correspondente ao bienio 2011-2012. Os premios entréganse este xoves, 14 de novembro, no Centro de Creación Contemporánea "Matadero" de Madrid, ás 18:30 horas. Coincidindo coa entrega dos galardóns, inaugurarase unha exposición itinerante con todas as obras premiadas. O certame é unha iniciativa do Ministerio de Fomento,...
CULTURA
Funboa Escénica propón outras catro funcións de "Sigue buscando"
Despois das catro funcións da semana pasada, teremos outras catro de Sigue buscando con Funboa Escénica. Será dende este xoves e ata o domingo 17 ás 20:30 horas, a excepción do domingo, que é ás 19:30 horas. O prezo para as funcións é de 8 euros, a excepción do xoves, día do espectador, que é a 6 euros. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e na propia Zona C os días de evento.
CULTURA
Coque Malla presenta o seu novo disco, "Mujeres", dentro do ciclo Íntimo & Acústico e de Cineuropa Concerto
Este xoves 14, nova cita co ciclo Íntimo & Acústico da man de Coque Malla, que chega a Compostela para presentar o seu novo traballo, Mujeres. Será ás 21:00 horas na Sala Capitol, nun evento que se enmarca tamén dentro de Cineuropa Concerto. As entradas, a 15 euros (18 o propio día do concerto) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Ticketmaster, A Reixa Tenda e salacapitol.com.
CULTURA
"Unha familia de Tokio", Espiga de Ouro en Valladolid, incorpórase a Cineuropa
Incorpórase un novo filme a Cineuropa, Unha familia de Tokio, gañador da Espiga de Ouro de Valladolid. Poderá verse este xoves, ás 23:15 horas, no Salón Teatro, e de novo os días 17 e 18. Este filme vén substituír no calendario a Enemy, de Denís Villeneuve, que caeu do cartel por problemas coa xeración da copia dixital. Dende a organización laméntase que non se poida ver Enemy e pídense desculpas polas molestias causadas.
ALCALDÍA
Reunión de traballo entre Concello, Cámara de Comercio e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, xunto coas concelleiras de Turismo, Reyes Leis; Facenda, Cecilia Sierra; e Urbanismo, María Pardo, mantiveron hoxe no Pazo de Raxoi unha reunión de traballo co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey e co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na que analizaron as principais demandas e necesidades destes colectivos, co fin de afincar as liñas de colaboración cara o futuro.