ALCALDÍA
A Agrupación Colexiata do Sar explicou ao alcalde os seus proxectos culturais
O alcalde recibiu a Agrupación Folclórica Colexiata de Sar. Na reunión, a entidade expúxolle a Ángel Currás os seus principais proxectos culturais e deportivos, para os que solicitou a colaboración municipal.
URBANISMO
Un cambio puntual no PXOM permitirá graduar as situacións fóra de ordenación e optimizar os inmobles existentes
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dos puntos da orde do día da Comisión de Urbanismo prevista para o xoves 24 de xaneiro, que logo serán sometidos á aprobación do Pleno ordinario deste mesmo mes. Entre eses asuntos destaca unha modificación puntual de dous artigos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que permitirá unha novidosa cualificación e graduación dos inmobles fóra de ordenación.
FACENDA
O Concello de Santiago lembra que o pago fraccionado dos recibos do IBI pode solicitarse ata o 28 de febreiro
A Concellería de Facenda informa da posibilidade que teñen os contribuíntes composteláns de efectuar o pago fraccionado dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), un sistema que se implanta por primeira vez neste ano 2013. Precisamente, para este exercicio, con carácter excepcional, pódese solicitar este pago fraccionado ata o 28 de febreiro.
CULTURA
Os lucenses Holywater presentan o seu novo disco, "Wasteland", no Compostela Rock
O ciclo Compostela Rock continúa coa súa programación e, dentro dela, o mércores 23 chegan a Compostela os lucenses Holywater para presentar o seu novo disco, Wasteland. No concerto, que comeza ás 21:00 horas na Zona C, terán como teloneiros aos composteláns Curtinatis. As entradas, a 8 € anticipada e 10 € na billeteira, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), Ticketea, A Reixa Tenda ou na propia Zona C o día do concerto.