ALCALDÍA
Ángel Currás e Maximino Zumalave repasaron a actualidade da Real Filharmonía e da Escola de Altos Estudos Musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A mostra conmemorativa dos 50 anos da S.D. Compostela chega ao CSC do Ensanche
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle dende o 19 de xaneiro ata o 15 de febreiro a exposición "Sempre Compos, 1962-2012, 50 anos da S.D. Compostela". A mostra estivera xa anteriormente no CSC das Fontiñas.
URBANISMO
O Concello apuntalará o talude da rúa de Betanzos e construirá o muro proxectado
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, explicou o acontecido na mañá do sábado 19 co desprendemento dun talude e o enterramento dun vehículo estacionado na rúa de Betanzos. O Concello vai acometer o apuntalamento do noiro, para logo construír tamén o muro inicialmente contemplado no proxecto do edificio.
CULTURA
Guadalupe Plata, The Brew e Mighty Calacas abren o novo ciclo Blues Nite
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou un novo ciclo do Departamento de Cultura, o Blues Nite, que reúne os concertos de blues. Ademais, presentou tamén os dous novos TriCiclos que teremos dentro do Compostela Rock, para o que o acompañou Iván Arias, da promotora compostelá Work on Sunday, que é a impulsora dos ciclos.