CENTROS SOCIOCULTURAIS E BARRIOS
As concellerías de Centros Socioculturais e de Barrios acometen o arranxo do local sociocultural de San Lourenzo
Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente, mantiveron unha xuntanza cos directivos da Asociación de Veciños "Río Sarela", presidida por Isabel Beiroa. Na reunión comunicáronlles que o arranxo do local sociocultural estará rematado neste trimestre.
ECONOMÍA
Emprendedores e novos empresarios poderán acceder a financiamento sen aval
O 2 de outubro, o edificio CERSIA acollerá unha sesión informativa organizada por AJE A Coruña sobre a liña de financiamento de ENISA, dirixida a proxectos empresariais que se constituirán nos últimos dous anos. O prazo de presentación de toda a documentación precisa para solicitar esta liña de financiamento remata o 9 de novembro.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello cede unha parcela na Choupana para a Escola Oficial de Idiomas
A Xunta de Goberno aprobou a cesión gratuíta á Comunidade Autónoma dunha parcela para a construción da futura Escola Oficial de Idiomas. Na mesma sesión adxudicáronse as primeiras seis obras do Plan de Obras e Servizos 2012 da Deputación da Coruña.
CULTURA
Roderick Williams, protagonista do primeiro concerto do XIII Ciclo de Lied
O venres 21 comeza o XIII Ciclo de Lied cun concerto do barítono Roderick Williams acompañado ao piano por Roger Vignoles. Será a partir das 21:00 horas no Teatro Principal. Despois de Williams poderemos gozar coa voz da soprano Asmik Grigorian o día 25 e a do tenor Christoph Prégardien o 29, acompañados ao piano, como é habitual no ciclo, por Roger Vignoles.