XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de construción da Escola Infantil de Salgueiriños por máis de 700.000 euros
Foi un dos asuntos máis destacados dunha sesión da Xunta de Goberno Local na que tamén se tomou conta do convenio polo que o Concello e Institucións Penitenciarias colaboran para que 35 persoas cumpran as súas penas realizado traballos en beneficio da comunidade.
EDUCACIÓN
O alcalde mantén o seu encontro anual cos responsables dos centros educativos públicos de infantil e primaria de Santiago
Como ven sendo habitual cada inicio de curso, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, reuníronse este mediodía con representantes dos 12 centros educativos públicos de infantil e primaria de Santiago para facer unha radiografía da situación da comunidade educativa da cidade.
TRÁFICO
As solicitudes de tarxetas para o aparcamento de residentes no barrio de Pontepedriña teñen que presentarse nos rexistros do Concello
Entre o pasado luns, 20 de setembro, e o 15 de outubro os veciños das rúas que se enumeran a continuación e que cumpran cos requisitos establecidos poden solicitar as tarxetas de aparcamento para residentes. A solicitude pode descargarse da web www.santiagodecompostela.gal ou ben recollerse na oficina de Atención ao Cidadán sita na rúa Salvador Allende. Unha vez cuberta, e con todos os documentos necesarios, deberá presentarse no REXISTRO XERAL DO CONCELLO ou nos REXISTROS AUXILIARES ubicados nos centros socioculturais do Ensanche e de...
ALCALDÍA
Unha delegación da cidade guatemalteca de Santiago Atitlán visita Compostela esta semana
Ata o venres 24 permancerá na cidade unha delegación de Santiago Atitlán, Guatemala, encabeza polo seu alcalde, Manuel Reanda. O xoves 23, o rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o seu homólogo asinarán un protocolo de intencións de irmandamento entre ambas urbes.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Feira do Emprego de Santiago de Compostela conta con cerca de mil persoas inscritas
Onte, 20 de setembro, rematou o prazo de inscrición na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, para as persoas demandantes de emprego ou que buscan mellorar as súas expectativas laborais. En total rexistráronse 947 inscricións pertencentes a outras tantas persoas.