ALCALDÍA
O Multiusos do Sar renova canastras e marcadores para a volta do Obradoiro á elite do baloncesto español
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o Multiusos Fontes do Sar para ver o novo equipamento adquirido para a instalación. En concreto, puideron observar as renovadas canastras e os marcadores, homologados para cumprir os requisitos da ACB na volta do Obradoiro á elite do baloncesto español.
ALCALDÍA
Continúan os preparativos do Foro Mundial de Educación previsto para 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz e do comité organizador do Foro Mundial de Educación, que se celebrará en Santiago do 9 ao 13 de decembro de 2010. Na reunión tamén participou Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, a outra entidade promotora do evento.
ALCALDÍA
A Fundación do Mérito Europeo recoñece o papel de Santiago como capital espiritual do continente
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu de mans do presidente da Fundación do Mérito Europeo, Jacques Santer, a Medalla de Ouro do Mérito Europeo concedida a Santiago "na súa condición de capital espiritual de Europa".
CULTURA
A cantante Ute Lemper acompañará á Real Filharmonía na celebración do XX aniversario do Auditorio de Galicia
Tras meses de preparación, a Real Filharmonía presenta os seus concertos para a temporada 2009/2010, que arrinca cun concerto gratuíto na Catedral de Santiago. Será o 18 de setembro, con Maximino Zumalave á batuta e incluirá a Misa núm. 5 de Schubert e a peza Canto a Santiago, de Mariano Pérez. Antoni Ros Marbà continúa á fronte da orquestra compostelá como o seu director artístico e titular, e o británico Paul Daniel como principal director invitado.
DEPORTES
Os XII Xogos Autonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia reunirán 253 atletas en Santiago
Un total de 20 asociacións de toda Galicia desprazarán ata Santiago 253 atletas e 68 adestradores para participar nos XII Xogos Autonómicos de Atletismo. Celebraranse o sábado 19 de setembro nas instalacións de atletismo do Club Deportivo Universitario, no Campus Sur.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo sinala que o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas "canalizará os esforzos para impulsar o sistema aeroportuario"
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo amosou a súa satisfacción a respecto do compromiso anunciado polo ministro de Fomento, José Blanco, de constituír o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas para Galicia co obxectivo de impulsar novas rutas nos tres aeroportos galegos.