CULTURA
Último mércores do Festival dos Abrazos coa danza contemporánea da compañía Erre que Erre e o piano de João Afonso
A danza contemporánea atopa de novo como lugar idóneo un dos "espazos íntimos" propostos polo Festival dos Abrazos. No último mércores de Crea(c)ción en Aberto en Compostela, xa na recta final do festival, a recoñecida compañía barcelonesa Erre que Erre exhibe no xardín de Fonseca a súa peza No solo (de neuronas vive el cerebro enamorado), interpretada por Mariangeles Angulo e Mario G. Sáez.
ALCALDÍA
As obras nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire cambian radicalmente a imaxe urbana do barrio de Conxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras reurbanización do tramo que comprende a avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto e Sánchez Freire, no barrio de Conxo, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obras supoñen unha substancial mellora da calidade urbana desta vía, entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo, que contará con amplas beirarrúas, zonas verdes e mesmo dúas praciñas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Apoio á Empresa de Promoción Económica atendeu 170 consultas no que vai de 2009
O Servizo de Apoio á Empresa (SAE) da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu consultas de 170 persoas no que vai de 2009. A maioría destas persoas solicitaron información sobre varios aspectos relacionados coa constitución dunha empresa.