EDUCACIÓN
Continúan as visitas didácticas á exposición "Chaplin en imaxes"
Ata o 30 de agosto permanecerá aberta na igrexa da Universidade a exposición Chaplin en imaxes. Tamén ata esa data continúan desenvolvéndose visitas didácticas a esta mostra. O xoves 13 de agosto, ás 11:30 horas, tocaralles aos nenos e nenas da colonia de verán do Colexio Santa Apolonia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Laraño gañará dous novos espazos para usos múltiples e xuntas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, realizou unha visita ás obras de ampliación, mellora e acondicionamento do Centro Sociocultural de Laraño. Durante a visita estivo acompañada de representantes da Asociación de Veciños, do arquitecto e dos xefes de obra.
CULTURA
A tradición circense oriental aterra no Festival dos Abrazos co espectáculo dos xaponeses Senmaru & Yuki
O Festival dos Abrazos está a converter por segundo ano a Praza das Praterías no mellor escenario para as diferentes disciplinas circenses, con citas todos os martes e xoves. Son propostas para todos os públicos e deseñadas pensando de xeito especial nos máis pequenos. Teñen, ademais, un obxectivo dobre, por unha banda, amosar os espectáculos máis innovadores do novo circo galego e, pola outra, achegar a Compostela as tendencias noutros países e noutras culturas.