ALCALDÍA
O alcalde agarda que a Cidade da Cultura sexa "o éxito que toda Galicia merece"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou unha visita guiada á Cidade da Cultura na compaña de boa parte da Corporación local, dos membros do Consello Económico e Social e das institucións máis representativas da cidade. Todos eles puideron coñecer polo miúdo o proxecto arquitectónico e cultural e ver o estado das obras.
CULTURA
Sarabela Teatro trae ao Principal unha "vigorosa" versión de "Macbeth"
Despois de ano e medio sen vir a Santiago, chega de novo ao Teatro Principal a compañía Sarabela Teatro. Nesta ocasión trae outro clásico de William Shakespeare, nesta ocasión nunha versión adaptada por José Ramón Fernández e dirixida por Helena Pimenta, unha especialista na dirección de clásicos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O desenvolvemento local, a debate en Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a primeira asemblea da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), que se celebrará no Auditorio de Galicia, en Santiago, os días 27 e 28 de setembro. No encontro repasarase o proceso de formulación da rede (estatuto e proceso de constitución) e concretaranse as accións contempladas no Plan de Actuación 2007.
AUDITORIO
Á venda os novos abonos para a temporada 2007/2008 do Auditorio de Galicia
Os interesados en asistir ás actuacións da Real Filharmonía de Galicia e orquestras invitadas no Auditorio pódense facer con diferentes modelos de abono, á venda no despacho de billetes do propio Auditorio ata o 26 de setembro.
PLENO
O novo campus educativo do Manuel Peleteiro, para 2009
O Pleno municipal, en sesión extraordinaria, aprobou definitivamente o Plan especial de equipamento docente de Monte Redondo (Montouto). Alí construirase o novo complexo educativo do Colexio Manuel Peleteiro, co obxectivo de que estea listo en 2009 e entón se efectúe o traslado dende as actuais instalacións no centro da cidade.
PLENO
O Regulamento do Pleno aposta pola transparencia na xestión e pola participación cidadá
Cos votos favorables do grupo de goberno e o pronunciamento negativo do PP, quedou aprobado inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago. Abrirase deste xeito un período de exposición pública, no que calquera poderá formular alegacións.
ALCALDÍA
A educación ambiental, factor clave para a transmisión do risco do cambio climático
A importancia da educación ambiental como medio para a transmisión do cambio climático é unha das cuestións que se está a debater no I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, que se celebra en Santiago do 24 ao 27 de setembro.
PLENO
Francisco Candela formalizou no Pleno a súa renuncia á acta de concelleiro
O último punto da orde do Pleno extraordinario do 25 de setembro foi a renuncia á súa acta do ata agora concelleiro de Transportes e Mercados, Francisco Candela. Os tres grupos municipais recoñeceron o traballo de Candela, especialmente á fronte de Turismo.