CULTURA
"Hendaya, mon amour": o amor triunfa fronte ao fascismo en clave de comedia musical
A compañía teatral Bacana trae ao Principal unha comedia musical romántica: Hendaya, mon amour. Os días 22 e 23 de setembro, ás 21:00 horas, o público compostelán ten unha cita con Paco (Francisco Frango) e Fito (Adolfo de Hit), os protagonistas desta paródica historia de amor avalada polos premios e polas risas dos espectadores.
TURISMO
As visitas á Cidade da Cultura, principal novidade dunha nova edición de "Vivir Compostela"
O Concello de Santiago invita a todos os cidadáns a sumarse á campaña Vivir Compostela durante o mes de outubro, para redescubrir a súa cidade e gozar dos seus mellores recursos turísticos. Nas dúas anteriores edicións, máis de 19.000 cidadáns participaron nesta iniciativa. A principal novidade de 2007, as visitas á Cidade da Cultura.
URBANISMO
Un concurso de ideas "moi aberto" determinará o anteproxecto de remodelación da Praza de Galicia
A Xunta de Goberno do luns 24 aprobará as bases do concurso de ideas que permitirá seleccionar un anteproxecto para a remodelación e recuperación urbana da Praza de Galicia. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou as liñas básicas deste concurso, que definiu como "moi aberto".
REFORMA ADMINISTRATIVA
Os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche incorpóranse como rexistros auxiliares
A concelleira de Persoal e Reforma Administrativa, Rosa Fernández, presentou a proposta de creación e funcionamento de rexistros auxiliares para a entrada e saída de documentos. A Xunta de Goberno do luns 24 de setembro aprobará esta proposta, que crea rexistros nos centros socioculturais de Fontiñas e de Ensanche, e que concede á Oficina de Atención ao Contribuínte a facultade de admitir tamén a saída de documentos.
URBANISMO
Visto bo ao novo complexo educativo do Colexio Manuel Peleteiro en Montouto
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o no Pleno do martes 25 de setembro aprobarase definitivamente o Plan especial de equipamento docente de Monte Redondo (Montouto), que permitirá a construción do novo complexo do Colexio Manuel Peleteiro.
BENESTAR SOCIAL
O Concello colabora coa asociación Aspanaes no financiamento dun servizo de transporte adaptado
O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Benestar Social, aporta 2.500 euros á Asociación de Pais de Persoas con Trastornos de Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES) para a posta en marcha dun servizo de transporte adaptado.
ALCALDÍA
Os enxeñeiros industriais nomean a Luis Toxo Colexiado de Honra
Na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais, o ex-concelleiro e agora deputado autonómico, Luis Toxo, foi nomeado como colexiado de honra.