ALCALDÍA
Avance das negociacións con Defensa para o traslado do Aero Club a Bando
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu á sede do Ministerio de Defensa, onde se reuniu co novo director xeral da Xerencia de Infraestruturas, Jaime Denís Zambrana, para falar sobre o futuro do antigo campo de tiro e campamento militar de Bando.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O atelier de moda Pret-a-couture Belén Mosquera faise co primeiro premio do Concurso de I+C
A segunda edición do Concurso de Imaxinación máis Comercio (I+C) xa ten gañadores. O atelier de moda Pret-a-couture Belén Mosquera fíxose co primeiro premio. O centro de estética Saúde e Beleza e a xoiería artesá Katuxa Platero Seoane recibiron os outros dous galardóns.
ALCALDÍA
O alcalde agarda novos pronunciamentos a favor da Cidade da Cultura fóra do ámbito de Santiago
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reiterou o seu apoio ao proxecto da Cidade da Cultura, "un dos maiores retos de Santiago e de Galicia para o futuro". "Temos a responsabilidade de garantir a rendibilidade e o acerto deste investimento", apuntou.
BENESTAR SOCIAL E RELACIÓNS VECIÑAIS
Continúan a bo ritmo as obras das novas sedes para as asociacións veciñais e de servizos sociais
Unha vez inaugurada a nova sede de Benestar Social, en Galeras, o seguinte edificio en poñerse en marcha será a Casa das Asociacións de Servizos sociais, en Salgueiriños. Segundo o alcalde, as obras avanzan a bo ritmo, coa idea de "rematar as obras en torno ao 30 de outubro e abrir o edificio en xaneiro".
ALCALDÍA
Manuel Gallego deseñará o proxecto de remodelación do antigo Banco de España
O arquitecto Manuel Gallego Jorreto será o encargado de deseñar o proxecto de remodelación do antigo Banco de España, segundo anunciou o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo. "É un dos grandes arquitectos galegos", apuntou a propósito dun profesional, Premio Nacional de Arquitectura en 1997, considerado como un dos máximos expoñentes da arquitectura racional en España.
BENESTAR SOCIAL
A inminente concesión da licenza de obra permitirá comezar a construción da residencia para terceira idade de Pontepedriña
Na parcela onde se construirá a nova residencia para a terceira idade de Pontepedriña comezou xa a substitución das canalizacións. Será na Xunta de Goberno do luns 24 cando se aprobe a licenza de obra e poida comezar a construción do edificio, con vistas a telo listo en ano e medio, indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.