CONSORCIO
Un proxecto de praza pública en San Salvador gaña o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana
O xurado do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, promovido polo Consorcio, designou gañador por unanimidade o proxecto da praza San Esteban do centro histórico de San Salvador (El Salvador). A esta primeira edición do certame presentáronse 24 proxectos pertencentes a 12 países latinoamericanos.
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell aproba un orzamento de máis de 480.000 euros para 2008
A Comisión Executiva do Padroado da Fundación Eugenio Granell, reunida no Pazo de Bendaña, aprobou os ornamentos para 2008, que ascenden á cantidade de 483.379 euros.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música abre o curso cun concerto
O mércores, 31 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no salón de actos da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela un concerto de inauguración do curso 2007/2008, no que participará o alumnado da Escola. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.
CULTURA
Os sons de Fisterra, na Alameda
A exposición "A cidade interpretada" péchase definitivamente coa peza "Melodie Fisterra", de Hans Schabus. Esta intervención foi inaugurada na Alameda de Santiago (paseo dos León) polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego. Alí estará ata o 30 de novembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
As Microguías de Oportunidades de Negocio xa se poden consultar en internet
As Microguías de Oportunidades de Negocio, elaboradas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo xa están a disposición das persoas interesadas na páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org. Os dez documentos, en formato PDF, pódense descargar no espazo adicado a comercio.
CULTURA
Cineuropa estrea "Liste, pronunciado Lister", primeira longametraxe de Margarita Ledo
A edición número XXI de Cineuropa vén cargada de estreas dos mellores filmes da actualidade. Así, o venres día 9, o Teatro Principal acolle a presentación da primeira longametraxe de Margarita Ledo, Liste, pronunciado Lister. O filme é a visión da realizadora galega sobre o líder comunista nacido en Calo e erixido nunha das figuras míticas da Guerra Civil.