ALCALDÍA
A I Feira de Antigüidades de Santiago reúne máis de 40.000 pezas no Pazo de Congresos
O Pazo de Congresos de Galicia acollerá ata este domingo a I Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asisten 35 expositores de España, Francia e Alemaña, que amosan máis de 40.000 pezas. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a concelleira de Economía, Reyes Leis, visitaron a mostra.
DEPORTES
O alcalde sumouse á proba nocturna do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na terceira proba do III Circuíto de Carreiras saudables CorreSan, con saída e chegada na praza da Quintana.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Un camiño solidario para salvar vidas
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Alejandro Sánchez-Brunete, recibu na praza do Obradoiro un representante de Bombeiros sen Fronteiras, Juan Manuel Arrazola, que realizou un tramo do Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para Nicaragua. O camiñante seguirá agora a súa ruta ata o sur de España.
ALCALDÍA
Entrega de credenciais aos participantes na I Travesía Náutica Xacobea
Concluíu en Santiago a I Travesía Náutica Xacobea cunha peregrinación pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, coincidindo cos actos do XXX Remonte Anual Marítimo Fluvial conmemorativo da Traslatio Apostólica, que organiza a Fundación Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Os 245 participantes recibiron as súas credenciais nun acto celebrado no Hotel Puerta del Camino e presidido polo alcalde compostelán, Agustín Hernández, e pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
TURISMO
As conexións internacionais de Lavacolla superaron os 45.000 pasaxeiros en xuño
O aeroporto de Santiago tivo 45.483 pasaxeiros nas súas conexións internacionais directas no mes de xuño, o que representa un crecemento do 28% respecto dos 35.547 pasaxeiros que houbo nestas conexións no mesmo mes do ano pasado. Trátase dun crecemento importante, sobre todo tendo en conta que o ano 2013 xa foi o ano con maior tráfico internacional na historia de Lavacolla.
XUNTA DE GOBERNO
A parroquia de Angrois contará en breve con novas áreas de lecer e cunha zona de descanso para peregrinos
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación dos proxectos para dotar á parroquia de Angrois dunha zona de descanso para peregrinos, dun parque público e doutro infantil, así como dun campo da festa e dunha pista polideportiva. Estas actuacións, sumadas a outra de construción dun almacén para a asociación veciñal, suporán un investimento duns 300.000 euros, financiados por ADIF en base a un convenio que se asinará en breve.
CULTURA
Germán Díaz, David J. Herrington, Andreas Prittwitz, Lookingback Quintet, Vox Stellae e Luis Martínez, no Festival Via Stellae
O Festival Via Stellae, organizado polo Concello de Santiago e a Xunta de Galicia e que este ano celebra a súa 9ª edición, está chegando á súa fin, xa que o último concerto será o martes, 15 de xullo. Este sábado poderemos escoitar a Germán Díaz e David J. Herrington na capela da Orde Terceira a partir das 20:30 horas, dentro do Off#Stellae. Tamén no Off#Stellae estarán o domingo Andreas Prittwitz & Lookingback Quintet, nesta ocasión no Hostal dos Reis.../em>
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os nenos e nenas saharauís que pasan o verán con familias compostelás
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu no salón vermello de Raxoi os nenos e nenas saharauís que pasan este verán con familias compostelás no marco do programa Vacacións en paz.
DEPORTES
Cita este domingo para os afeccionados ao ciclismo nunha marcha urbana por Santiago
Co obxectivo de contaxiar o entusiasmo e os valores do ciclismo entre os afeccionados, Movistar celebrará este domingo 13, por primeira vez en Santiago, unha das súas emblemáticas marchas ciclistas urbanas, capitaneada por Iván Gutiérrez e Igor Antón, membros do Movistar Team. A proba foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Deportes e Servizos Sociais, María José Corral, e o director de Movistar Galicia, Marcial Alonso.
COMERCIO
O Pazo de Congresos acolle máis de 40.000 pezas na I Feira de Antigüidades de Santiago
O Pazo de Congresos de Galicia acollerá entre venres e domingo a I Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 35 expositores de España, Francia e Alemaña, que amosarán máis de 40.000 pezas. O evento foi presentado no Pazo de Raxoi pola concelleira de Economía, Reyes Leis, e o organizador do evento, Ángel Moix.