PLAN ESTRATÉXICO
Compostela será "a porta da Galicia dinámica e innovadora" grazas á aprobación do Plan Estratéxico
O Plan Estratéxico está a piques de pechar a súa terceira fase de desenvolvemento. Así, o luns 8 o Auditorio de Galicia acolleu a reunión do Comité Directivo do Plan, onde se presentaron as principais conclusións, coa presentación dos obxectivos e a definición das liñas estratéxicas. A mediados deste mes convocarase o Consello Económico e Social, que, previsiblemente aprobará o documento para pasar á cuarta fase, que abarca o desenvolvemento dos obxectivos, a definición do proxecto e os...
NADAL
Os Reis Magos non faltaron á súa cita nunha cabalgata máis integradora que nunca
A tradicional Cabalgata de Reis percorreu un ano máis as rúas, onde os nenos e nenas de Compostela agardaban ás súas Maxestades. Foi de novo un evento cheo de colorido, ilusión e moitos caramelos. Ademais, este ano o desfile foi máis integrador que nunca, coa activa participación do colectivo inmigrante da cidade.
ALCALDÍA
Conclúe a fase de redacción do Plan Estratéxico
O luns 8 reunirase a Comisión de Dirección do Plan Estratéxico, o que supón un impulso definitivo para o remate da fase de redacción do mesmo. Tamén ese mesmo día será revisado polo Consello Económico e Social.
ALCALDÍA
Luz verde ao novo complexo docente do Colexio Manuel Peleteiro
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo anunciou as liñas do proxecto que permitirá substituír as actuais instalacións do Colexio Manuel Peleteiro por outras no Monte Redondo, en Montouto. O novo complexo comprende un ámbito de actuación de 68.822 metros cadrados e un investimento de 21 millóns de euros.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Os inmigrantes únense á Cabalgata de Reis e invitan aos composteláns a ollar o mundo cos seus ollos
O programa Nadal Solidario chega ao seu fin coas actividades previstas para o día 5. Este día, o colectivo de inmigrantes de Compostela participará activamente na Cabalgata de Reis e noutras iniciativas que invitan aos composteláns a ver o mundo dende outra perspectiva.
INFRAESTRUTURAS
Aberta ao tráfico a Rúa de Sar
A Rúa de Sar está xa aberta ao tráfico, tras concluír a súa reurbanización. A apertura é posible unha vez rematadas as obras do tramo comprendido entre o paso baixo a avenida de Lugo e o cruce coa rúa do Olvido.
PARQUES E XARDÍNS
Os veciños de Santa Marta e Doutor Maceira disfrutan de dous novos parques infantís
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a apertura das novas áreas de xogos infantís no barrio de Santa Marta e na rúa Doutor Maceira na tarde do xoves 4.
FESTAS
Santiago estrea Banda de Cornetas e Tambores
A Cabalgata de Reis será o primeiro acto no que tomará parte a nova Banda de Cornetas e Tambores de Santiago. A nova formación está composta por nove percusionistas e cinco cornetas e participará a partir de agora en diversos actos institucionais.
FESTAS
Os Reis Magos repartirán 2.500 quilos de caramelos
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas con motivo da Cabalgata de Reis. As súa Maxestades chegarán un ano máis en tren, dando paso a un multitudinario percorrido no que participarán 230 figurantes e 10 carrozas.
ALCALDÍA
Amador Santos Bartolomé pon fin a unha brillante traxectoria na dirección da Banda Municipal de Música
O director da Banda Municipal de Música de Santiago, Amador Santos Bartolomé, xubílase e deixa o seu cargo despois dunha brillante traxectoria de 40 anos. O músico e compositor quixo pasar por Raxoi para despedirse profesionalmente do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.