URBANISMO

As obras de urbanización nas Cancelas poderán comezar en xaneiro

11/12/2006

A Xunta de Goberno local aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 4 (SUNP-4), do Camiño Francés. Deste xeito, dáse un impulso definitivo á superficie na que irá o novo centro comercial das Cancelas. Tal como anunciou o alcalde días atrás, as obras poderán comezar en xaneiro.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Compostela contará cun equipo de inclusión sociolaboral

11/12/2006

O Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborarán na contratación e posta en marcha dun equipo de inclusión sociolaboral en 2007, no marco do II Plan Galego de Inclusión Social. Será posible en virtude dun convenio de colaboración entre as dúas institucións, cuxa sinatura recibiu o visto bo da Xunta de Goberno. A Vicepresidencia achegará 132.000 euros para esta fin.

Ler máis

TURISMO

Santiago consolídase en cinco anos coma un destino turístico de primeira orde

11/12/2006

O Hostal dos Reis Católicos, acolleu a presentación da memoria das actuacións realizadas no marco do Plan de Excelencia Turística (PET) entre 2001 e 2005 para mellorar a accesibilidade da cidade, os seus servizos e espazos turísticos e de lecer, a súa notoriedade internacional, a calidade e profesionalidade do sector e a sensibilidade local cara ao turismo.

Ler máis

SEGURIDADE

Cincuenta axentes da Policía Local fórmanse en dereito procesal penal

11/12/2006

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou, xunto á directora xeral de Interior da Xunta de Galicia, Isabel Gil; o xefe o corpo da Policía Local, Norberto Villaberde; a profesora titular de dereito procesal da USC, Raquel Castillejo; e o profesor da universidade Carlos III, Víctor Moreno, un curso sobre dereito procesal e penal dirixido ao corpo de policías locais de Santiago de Compostela.

Ler máis

ALCALDÍA

Inauguración da Avenida de Barcelona

07/12/2006

O luns 11 de decembro, as 13.00 horas, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará a Avenida de Barcelona acompañado polo alcalde da cidade condal, Jordi Hereu i Boher, como mostra da unión e amizade entre as dúas cidades, irmandadas desde 1970. No acto descubrirase unha placa conmemorativa e plantarase unha árbore.

Ler máis

FACENDA

O Concello introduce melloras na xestión dos servizos de auga e saneamento

07/12/2006

O concelleiro de Facenda e Orzamentos, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou unha serie de cambios na xestión dos servizos de auga, saneamento e depuración do Concello de Santiago, dos que é concesionaria a empresa Aquagest. Estas modificacións permitirán ofrecer máis garantías aos usuarios e facilitar un maior control municipal destas taxas.

Ler máis

CULTURA

O Auditorio acolle a segunda edición do concerto solidario "Implícate"

07/12/2006

Artistas como Rosa Cedrón, Deluxe, Avalon, Isga Collective, Inquedanza, María Reimóndez, Chévere, Carlos Blanco, Emma Couceiro, Lucía Aldao, Rosa Aneiros, Álvarez Cáccamo ou Antía Otero daranse cita no Auditorio de Galicia o sábado 16, ás 20:00 horas , para participar no "Implícate! Noite de música e palabra solidaria", organizado por Implicadas no Desenvolvemento (IND) e co que colabora o Concello de Santiago. A gala será presentada por Yolanda Castaño e Paco Lodeiro.

Ler máis
Compartir: