EDUCACIÓN
Proceso de admisión e matrícula do alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Curso Escolar 2015-2016
O Departamento de Educación publica a información relativa aos procesos de admisión e matrícula para alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2015-16, co obxecto de que sexa accesible ás familias de Santiago de Compostela.
TURISMO
As consultas na oficina de Turismo de Santiago crecen un 7,61% en xaneiro
A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu no pasado mes de xaneiro 2.587 consultas presenciais na súa sede da rúa do Vilar. Esta cifra supón un crecemento do 7,61% respecto do mes de xaneiro do ano pasado. O crecemento de xaneiro supón que o ano comeza cunha consolidación no crecemento que xa se produciu no conxunto do 2014, cando se atenderon 180.616 consultas, un 1,54% máis que no 2013.
ALCALDÍA
O Pavillón de Santa Isabel acolleu o VII Trofeo de Judo "Cidade de Santiago"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María Corral, participaron na entrega de trofeos aos participantes no VII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, celebrado esta fin de semana no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Nesta xornada de domingo tivo lugar o Campionato Galego Júnior, tras realizarse o sábado a I Copa de España Infantil.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Santiago, primeiro concello en Galicia en implantar a licitación electrónica
O Concello de Santiago é pioneiro, xunto coas deputacións de Ourense e Pontevedra, en implantar a licitación electrónica, no marco do proxecto LEAL (Licitación Electrónica nas Entidades Locais).
DEPORTES
Uns 300 deportistas participarán esta fin de semana no pavillón de Santa Isabel no VII Trofeo de Judo "Cidade de Santiago"
A concelleira de Deportes, María Corral, presentou o VII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, que se celebrará no Complexo Deportivo de Santa Isabel esta fin de semana. Na rolda estivo acompañada por Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club, e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo. Participarán uns 300 judokas.
XUNTA DE GOBERNO
A reurbanización do último tramo da rúa da Pastoriza completará a recuperación urbana do ámbito entre San Roque e San Caetano
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora de accesos á Almáciga, no ámbito da Pastoriza. Esta actuación, que se inclúe no Programa Urbana Santiago Norte, dá continuidade ás intervencións para a mellora da accesibilidade nas zonas altas da Almáciga, entre a rúa Pastoriza e San Roque, onde se están a abordar actualmente tamén as obras do tramo Basquiños-A Pastoriza, e o tramo Santa Clara-Basquiños, en fase de licitación.
PISTA DE XEO
Nova xornada de portas abertas na pista de xeo este luns 9 de febreiro
O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta de novo este luns 9 de febreiro, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O recinto instalado no parque central da Alameda continuará aberto ata o 15 de febreiro.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A RECI, da que forma parte Santiago, presenta as actuacións realizadas cara a xestión intelixente das cidades
Segovia acolleu a VIII reunión do Comité Técnico da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), na que representantes dos 60 municipios que actualmente a integran presentaron as actuacións levadas a cabo polos seus cinco grupos de traballo nos últimos meses, co fin de avanzar cara a xestión intelixente das cidades dunha forma coordinada, consensuada e colaboradora. En representación de Santiago de Compostela, cidade integrada nesta rede, participou o responsable do Departamento de Innovación, Fernando Suárez.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Primeiras citas do ano de "Imos ao baile"
Este sábado 7 de febrero, ás 17:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, primeira das citas deste ano 2015 do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e de Relación Veciñais.
CONSORCIO
Alumnos de corda e vento da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto gratuíto no centro este domingo
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) pon en marcha unha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos interpretados por alumnos do centro en diferentes puntos de Compostela ao longo do curso académico. Dentro desta iniciativa, este domingo, 8 de febreiro, a Escola acollerá a primeira actuación do ano, cuxos protagonistas serán, por primeira vez, os alumnos de corda e vento do Curso de Especialización Instrumental (CEI). Este concerto celébrase en colaboración co Concello de Santiago no marco do Ciclo de Novas...