CONSORCIO
Constituída a Comisión para o seguemento do programa e actuacións do Plan Director da Catedral de Santiago
Na sede do Consorcio de Santiago quedou constituída a Comisión do Plan Director da Catedral de Santiago, formada pola directora xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, María Ángeles Albert de León; o director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Rey Pichel; e o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
A Campaña de Animación á Lectura compón nesta XI edición un canto á creatividade
A Campaña de Animación á Lectura chega á súa edición número XI, esta vez baixo o título da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, A Família C. Do 14 de marzo ao 30 de abril estará en marcha un amplo programa de contacontos, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actividades formativas, encontros nas escolas infantís, sesións de contos para bebés, contos con música e exposicións.
CULTURA
Aberto o prazo de admisión de traballos ao VII Premio Auditorio para novos artistas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a VII edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Poderán participar artistas, individual e colectivamente, que cumpran os requisitos establecidos nas bases: que nacesen ou residan en Galicia e menores de 40 anos a 31 de decembro do 2011. Terán que presentar unha obra orixinal e inédita e teñen para facelo de prazo ata as 14:00 horas do venres 23 de setembro deste ano 2011.
ALCALDÍA
Despedida do alcalde ao ata agora director da residencia Tenente Xeneral Barroso
O coronel Manuel García Vilamea, ata agora director da residencia Tenente Xeneral Barroso, deixa o seu cargo. Por este motivo foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, do que se quixo despedir.
IGUALDADE
O Concello homenaxeou a oito mulleres exemplares no seu labor profesional e social
Os actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller pecháronse cun acto de recoñecemento público a oito mulleres que destacan nos seus ámbitos profesionais ou sociais. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta homenaxe, celebrada no Hostal dos Reis Católicos.
BENESTAR SOCIAL
"Infórma-T" asesora sobre todo tipo de prestacións aos veciños de Santiago Norte
O Equipo de Dinamización Social de Benestar Social pon en marcha o servizo Infóma-T, no marco da iniciativa europea Urbana Santiago Norte, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
BENESTAR SOCIAL
Unha cadea humana chamará a atención sobre o papel dos riles na aparición das enfermidades cardiovasculares
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, e o coordinador en Santiago da Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer-Coruña), Manoel Bello, presentaron os actos con motivo do Día Mundial do Ril, que se celebra mañá xoves, 10 de marzo. Unha cadea humana e varios puntos de información chamarán a atención nesta ocasión sobre o papel dos riles na aparición das enfermidades cardiovascualres.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de reserva e renovación de praza nas escolas infantís de San Roque, Polígono do Tambre e Tras Parlamento
A Concellería de Educación comunica a apertura do prazo de reserva e renovación de praza nas escolas infantís de San Roque, Polígono do Tambre e Tras Parlamento para o curso 2011-2012. Xa se coñecen tamén os prazos de preinscrición para novos usuarios e de matrícula.
ALCALDÍA
O primeiro edificio rehabilitado da ARI de Vista Alegre xa conta co seu novo elevador
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, visitou as obras da ARI (Área de Rehabilitación Integral) de Vista Alegre. En concreto, puideron comprobar o estado da actuación no primeiro dos edificios rehabilitados, o número 6 da rúa Santa Uxía de Ribeira.
CULTURA
O Centro Coreográfico Nacional de Caen presenta "Manta", sobre o veo islámico
O ciclo SCQ Danza, que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, ten unha nova cita no calendario o venres 11 de marzo. Nesta ocasión será co Centro Coreográfico Nacional de Caen/Baixa Normandía (Francia), que presenta o seu espectáculo Manta, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal.