BENESTAR SOCIAL
O Urbana tecerá unha rede social comunitaria no norte da cidade
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou o Programa de dinamización social, igualdade de oportunidades e de formación e educación de colectivos en risco de exclusión, encadrado na iniciativa Urbana Santiago Norte. Este proxecto permitirá por en marcha actuacións en materias como o apoio, acollida e integración de inmigrantes ou de dinamización sociocultural e integración para o colectivo xitano.
CULTURA
Galaxia publica tres novos títulos da Biblioteca Compostela
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou en rolda de prensa os tres novos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina este departamento. No acto tamén estiveron presentes Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, director e editor respectivamente da Editorial Galaxia, que publica esta colección.
SANIDADE
O Refuxio de Animais incrementa o seu orzamento para 2011 ata os 330.581 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá a xuntanza do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais. Entre outros asuntos, na mesma aprobouse a proposta de orzamento para 2011, cifrada en 330.581,76 euros.
ALCALDÍA
A rúa López Ferreiro amosa xa as súas remodeladas beirarrúas e novos servizos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou as obras realizadas na rúa López Ferreiro, realizadas con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local 2010.
ALCALDÍA
O alcalde pide un compromiso claro de continuidade das obras da Cidade da Cultura en 2014 e de construción das súas conexións
Tras o anuncio da apertura dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura o 12 de xaneiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recordou que o Concello "reivindicamos dende hai tempo que a única maneira de pola en valor é abríndoa". Non obstante, segue a considerar que "sen conexións exteriores, a Cidade da Cultura estará coxa".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Santiago será a cidade con máis solo empresarial de Galicia en 2012"
Cos novos polígonos industriais de Formarís (SUNP-38) e Costa Vella (SUNP-37.3), a cidade terá en 2012 sete parques empresariais que totalizarán 4.200.000 metros cadrados, que a converterán na "cidade de Galicia, con diferenza, con máis solo empresarial", en palabras do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A urbanización destes dous polígonos e da rotonda de conexión coa N-550 suporá un investimento de 19.077.204 euros.
ALCALDÍA
O novo edificio de Fontiñas albergará seis novos órganos xudiciais en 2012
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitaron as obras de construción do novo edificio xudicial da cidade, que leva a cabo a Xunta de Galicia nuns terreos cedidos polo Concello en Fontiñas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Recoñecemento da cidade aos 50 anos de traballo de Teatro de Cámara Ditea
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lle rendeu a Teatro de Cámara Ditea, con motivo do seu 50 aniversario e pola súa contribución nestes anos á cidade. Pola mesma razón, inaugurouse na Casa das Asociacións de Cornes a mostra 50 anos do Teatro de Cámara Dítea. Estará aberta ata o 13 de xaneiro.
CULTURA
Cineuropa consolida o seu éxito de público
A XXIV edición de Cineuropa vén a consolidar o éxito de público do festival. O número de afeccionados que acudiron aos pases de películas e se sumaron ás actividades complementarias programadas acadou os 31.874 participantes, segundo os datos facilitados polo director do Festival, José Luis Losa.
ALCALDÍA
Un traballo sobre indumentaria e fala e outro sobre a figura do gaiteiro gañan o XIV Premio Antonio Fraguas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de entrega dos galardóns do XIV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Tradicional Galego, organizados pola Asociación do Traxe Galego en colaboración coa Concellería de Cultura e co Centro Comercial Compostela. José Rodríguez Cruz, de A Gudiña (Ourense), co seu traballo Indumentaria e fala, e Félix Boullosa Curra, de Marín (Pontevedra), con O gaiteiro. Seu traxe, foron os triunfadores.