REHABILITACIÓN

Un estudo de detalle resolve as esixencias legais e veciñais para a posta en marcha da ARI de Vista Alegre

08/06/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, presentaron o Estudo de detalle para a rehabilitación integral do barrio de Vista Alegre, que será aprobado inicialmente pola Xunta do Goberno do luns 11 de xuño. Este traballo resolve as peticións formuladas polos veciños e ampara legalmente os cambios físicos que se producirán neste barrio.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O 16 de xuño remata o prazo para que as empresas soliciten axudas para contratar alumnado de excelencia académica

08/06/2007

As empresas situadas en Santiago poderán contar entre o seu persoal cos mellores expedientes da Universidade de Santiago, grazas ao Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC, deseñado pola Concellaría de Promoción Económica, e que levará o nome da Manuel Caeiro. Ata o 16 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas.

Ler máis

AUDITORIO

Frans Brüggen volve dirixir á Real Filharmonía de Galicia

07/06/2007

Logo do éxito do seu anterior concerto, o xoves 7 de xuño, Frans Brüggen ponse de novo ao fronte da Real Filharmonía de Galicia no que será o penúltimo concerto desta tempada de abono 2006/2007. Dúas obras mestras da música barroca compoñen o repertorio da noite: a "Sinfonía núm. 6", de Schubert, e a "Sinfonía núm. 7, de Beethoven. Deste xeito, o director holandés consolida a súa íntima relación coa cidade, iniciada hai xa cinco anos.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Seguen as noites de música na terraza da Trisca

07/06/2007

Seguen a desenvolverse no Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92) as "Noites de música na terraza". O xoves 7 de xuño actúan ás 22:00 horas a cantante Carmen Dor e a bailarina Martha Franco.

Ler máis

SOLO INDUSTRIAL

Impulso definitivo ao Parque Empresarial da Sionlla

07/06/2007

O Parque Empresarial da Sionlla recibiu un impulso definitivo coa aprobación polo Consello da Xunta do seu proxecto sectorial. Dáse así o visto bo a unha superficie empresarial de 1,3 millóns de metros cadrados, nos que se investirán 58.834.524 euros.

Ler máis

EDUCACIÓN

Un armadillo conciencia aos máis pequenos sobre a necesidade dunha correcta suxección no vehículo a través das cadeiras de seguridade

06/06/2007

A Escola Infantil Municipal de Conxo acolleu a presentación da campaña "Aprende a ir suxeito no coche con Pillo, o Armadillo". Esta iniciativa, que se enmarca no Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o perigo?, ten por obxectivo concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ir correctamente suxeitos no vehículo por medio de cadeiras de seguridade.

Ler máis

DEPORTES

Compostela vivirá unha nova edición do Día do Deporte

06/06/2007

Compostela prepárase para vivir un ano máis o Día do Deporte, co que se pechan as campañas e programas desenvolvido no curso escolar. A Concellaría de Deportes, en colaboración con varios clubs, organiza esta xornada, chea de actividades de balde nas máis diversas disciplinas deportivas. A cita é o sábado 9 de xuño.

Ler máis

DEPORTES

O Beirasar Rosalía segue a recibir parabéns polos seus éxitos

05/06/2007

Despois de recibir xa o recoñecemento da cidade polo ascenso á LEB, o Beirasar Rosalía volveu ao Concello para brindar esta vez o campionato na LEB 2. O conxunto compostelán obtivo o título o venres 1 de xuño en La Laguna (Tenerife), ao derrotar ao equipo local no partido único que decidía o gañador da competición.

Ler máis
Compartir: