MULLER

Reparto de cuncas para sensibilizar aos máis novos sobre a igualdade de xénero

14/02/2007

Continúa a desenvolverse nos centros escolares a Campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de sexo. Esta vez foi o CEIP de Roxos-Villestro o que recibiu a visita da concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira, que repartiu entre os alumnos xogos de dúas cuncas con imaxes relacionadas co reparto das tarefas domésticas entre os pais e as nais.

Ler máis

CULTURA

"A cidade interpretada", convertida en catálogo

14/02/2007

O proxecto que durante o outono converteu a Santiago nun particular escenario de intervención artística trasládase agora ao papel. "A cidade interpretada" é a protagonista dunha nova publicación, que recolle as intervencións realizadas e todo o que as rodeou.

Ler máis

CULTURA

Chega ao Principal a premiada "Final de película", de Áncora Producións

14/02/2007

O xoves 15 e o venres 16, ás 21:00 horas pode ser unha das últimas oportunidades de presenciar "Final de película", de Ancora Producións. Galardoada en 2005 nos Premios Rafael Dieste e nominada neste 2007 aos Premios Max, chega a Compostela unha obra "cómica e dramática, seria e divertida, e comprometida coa sociedade actual", en palabras do seu director Gustavo Pernas.

Ler máis

AUDITORIO DE GALICIA

A Orquestra Sinfónica de Galicia interpreta obras de Satué, Elgar e Beethoven

14/02/2007

A Orquestra Sinfónica de Galicia, acompañada do pianista Alberto Nosè e baixo dirección de James Judd, actúa no Auditorio de Galicia o día 15 de febreiro ás 21:00 horas. Executarán un programa no que destacan dúas obras que son interpretadas por primeira vez pola orquestra: "Liñas de forza", de C. Satué e "Falstaf", op. 68", de E. Elgar, ademais do celebérrimo Concerto para piano núm. 5 en Mi bemol maior, op. 73 "Emperador", de L. v. Beethoven.

Ler máis

SEGURIDADE E EDUCACIÓN

Os escolares aprenderán condutas responsables no novo Parque Infantil de Tráfico

13/02/2007

Máis de 60 escolares de primaria dos colexios Raíña Fabiola e Xuventude foron os primeiros en disfrutar do novo Parque Infantil de Tráfico, no recinto feiral de Amio. Nestas instalacións desenvolveranse ao longo do mes de febreiro diversas visitas didácticas, que permitirán aos escolares composteláns formarse en educación viaria.

Ler máis

ALCALDÍA

Relevo na Xefatura Local de Tráfico

13/02/2007

A xefa local de Tráfico, Ana Martínez, deixa o seu cargo para ocupar novas responsabilidades. Con este motivo, pasou por Raxoi, onde se despediu do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Compostela Activa creará aulas-taller de emprendemento nos centros de FP

13/02/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou as actividades do programa Compostela Activa para o 2007, que tamén contempla a creación dunha nova modalidade no Concurso de novas ideas empresariais, destinada a titulados de FP. A iniciativa contará cun orzamento de 120.000 euros e integra todas as accións da Oficina de Promoción Económica relacionadas co apoio á cultura emprendedora e á creación de novas empresas.

Ler máis

FESTAS

O Antroido chega a Santiago cunha gran variedade de actividades para todas as idades

13/02/2007

O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou nun ambiente festivo o programa do Antroido 2007. No acto estivo acompañado do autor do meco, José Luis Méndez, por dúas das comparsas máis representativas da cidade, Os conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño e do propio meco, un dos protagonistas destes días que non podía faltar nesta presentación.

Ler máis
Compartir: