ALCALDÍA
O Concello de Santiago e os empresarios do Polígono do Tambre avanzan na legalización das naves desta área industrial
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co presidente da Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e co xerente, José Manuel Beceiro. No encontro falaron do proceso de legalización das naves desta superficie comercial, xa posto en marcha, e da obra pendente da duplicación do acceso ao polígono do Tambre sobre a estrada N-550.
MEDIO AMBIENTE
Satisfacción municipal pola inminente apertura do trámite de impacto ambiental para a nova ubicación da EDAR
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, expresou a súa satisfacción e a do Goberno municipal pola aceptación do Ministerio de Medio Ambiente Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do inicio da tramitación de impacto ambiental para a nova ubicación da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Confía en que nun prazo de dous meses estea listo este estudo.
ALCALDÍA
O novo edificio xudicial de Santiago estará operativo antes de que remate 2012
O alcalde, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitaron as obras do novo edificio xudicial da cidade, que debido ao seu bo ritmo de construción estará rematado no primeiro semestre deste ano e poderá estar a pleno rendemento antes de que remate 2012, unha vez se traslade ao novo edificio a actividade xudicial.
CULTURA
Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Patricia Moon e Jane Joyd en "Palabra de Muller"
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Patricia Moon presentaron o concerto Palabra de Muller, que terá lugar o 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Nel, estará Rebeca Jiménez como cabeza de cartel, acompañada das galegas Cardigan Bridge, Patricia Moon e Jane Joyd.
MEDIO AMBIENTE
Entregados os premios aos gañadores do concurso escolar para a elección da mascota do Día da Árbore e da Auga
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto de entrega de premios aos escolares do concurso convocado pola Concellería de Medio Ambiente e Parques e Xardíns para elixir a mascota desta edición do Día da Árbore e da Auga, que se celebrará o 21 de marzo.
CONSORCIO
Unha nova publicación percorre a historia da Catedral no importante período comprendido entre 1833 e 1923
O Consorcio de Santiago presentou o libro La catedral de Santiago en época contemporánea, coeditado con Teófilo Edicións. O acto, celebrado na sede da Confederación de Empresarios de Galicia e presidido polo alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, contou tamén coa presenza da autora, Irene Mera Álvarez.
MEDIO AMBIENTE
Trescentos escolares poderán seguir cada ano a evolución da árbore que planten con motivo do Día da Árbore e da Auga
A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao, presentou os actos con motivo do Día da Árbore e da Auga, cuxa mascota nesta edición saíu dun concurso escolar convocado ao efecto. O mércores 21 de marzo realizarase unha plantación de árbores en Santa Marta, así como unha instalación de rego.
CONSUMO
O Concello de Santiago celebra o Día Internacional do Consumidor cunha carpa informativa na praza do Toural
O xoves 15 de decembro celébrase o Día Internacional do Consumidor. Para conmemorar esta xornada instalarase unha carpa informativa na praza do Toural, na que tanto a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) como as diferentes asociacións de consumidores ofrecerán información aos cidadáns sobre todos aqueles instrumentos dos que dispoñen para facer valer os seus dereitos como consumidores.
DEPORTES
Unha auditoría determinará a situación real da Fundación Compostela Deporte
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, anunciou que, tras as xuntanzas mantidas cos membros do Padroado da Fundación Compostela Deporte, acordouse realizar unha auditoría da entidade. "O obxectivo é aclarar e coñecer a situación de real da Fundación e depurar as responsabilidades tanto do anterior concelleiro como das persoas que tiñan unha relación formal con esta entidade", apuntou.
PLENO
Dada conta ao Pleno da remisión ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas das obrigas pendentes de pago
O Pleno da Corporación celebrou unha sesión extraordinaria para dar conta da remisión ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas das certificacións previstas no Real Decreto Lei 4/2012 de 24 de febreiro, sobre o mecanismo de financiamento para o pago aos provedores dos entes locais.