CULTURA
Á venda as entradas para ver o Coro da Capella e a Orquestra Sinfónica de San Petersburgo
Xa están á venda as entradas para ver o Coro da Capella e a Orquestra Sinfónica de San Petersburgo, que actuarán en Compostela o 18 e o 19 de agosto. Oportunidade para ver por primeira vez en Galicia e estas dúas formacións, das máis prestixiosas do mundo nos seus respectivos xéneros.
EMPREGO
Vinte e unha persoas accederon ao mercado laboral a través do Crear VI no primeiro mes do programa
Das 100 persoas que participan no Proxecto Crear VI, 21 (11 mulleres e 10 homes) xa accederon ao mercado laboral no primeiro mes do programa, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O obxectivo do programa é que accedan ao mercado de traballo persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción.
CULTURA
Máis aires nórdicos no Festival dos Abrazos cos cantos lapóns de Skaidi
O Festival dos Abrazos trae ás prazas e parques de Santiago de Compostela propostas galegas e de todo o mundo. Esta semana coinciden no festival dúas propostas que traen a Galicia os aires do norte de Europa. Por un lado, o grupo Stockholm Lisboa Project, que ofrece un segundo concerto o mércores 5 e, polo outro, os cantos lapóns do dúo Skaidi, cuxo primeiro concerto está previsto para o xoves 6.
OBRAS E CIRCULACIÓN VIARIA
As obras de pilotaxe no túnel do Hórreo obrigan a deixar só dous carrís
Por mor do comezo das obras de pilotaxe do túnel do Hórreo, este vieiro pasará a ter unicamente dous carrís, un de subida e outro de baixada. Esta situación de dobre carril estenderase xa ata o remate das obras.
EDUCACIÓN
O Concello convida aos cidadáns a descubrir o Centro de Interpretación do Medio Rural
Coa posta en marcha do Centro de Interpretación do Medio Rural de Portela, na parroquia de Figueiras, o Concello quere invitar a todos os cidadáns de Compostela como dos arredores, a coñecer esta nova instalación. Por iso, a Concellería de Educación preparou un amplo programa de actividades para os meses de agosto e setembro.
CULTURA
O COAG participa no Festival dos Abrazos cunha intervención sobre o diálogo entre a xente e a arquitectura da cidade
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contribúe á segunda edición do Festival dos Abrazos cunha instalación de arquitectura efémera que reflexiona sobre o papel desta mostra artística intercultural e multidisciplinar como correctora e potenciadora das cualidades do cotián, do existente. Pode visitarse ao longo de todo o mes de agosto de 2009 en Xoán XIII, nos soportais da praza da Quintana onde se atopa a propia sede do Colexio e máis na Estación de Autobuses de Compostela.
ALCALDÍA
A rúa Laverde Ruíz muda a súa imaxe urbana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de reurbanización da rúa Laverde Ruíz. Esta será a primeira das rúas en rematarse do chamado Ensanche Vello, cuxa intervención integral, financiada polos fondos FIL, comprende tamén as rúas Pérez Constanti, Santiago de Guayaquil, Neira de Mosquera, Curros Enríquez e Gómez Ulla. O investimento realizado na rúa Laverde Ruíz ascende a 310.304 euros.
CIRCULACIÓN VIARIA
O Concello lembra que a súa competencia no concerto de Bruce Springsteen era só o operativo de tráfico e transporte público
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, compareceu ante os medios de comunicación para aclarar que a responsabilidade municipal no concerto de Bruce Springsteen era unicamente o operativo de tráfico e de transporte público e o traslado do artista ata o Monte do Gozo. Por isto, insistiu en que as deficiencias detectadas no acceso ao recinto e dentro del son imputables unicamente á empresa organizadora do concerto.
CULTURA
Stockholm Lisboa Project trae a Compostela un abrazo cultural entre as marxes máis afastadas de Europa
Compostela acolle o martes 4 unha mostra da interculturalidade que lle dá a razón de ser ao Festival dos Abrazos, cunha proposta que une a través da música dúas das marxes europeas máis afastadas entre si. Stockholm Lisboa Project congrega a músicos portugueses e suecos que exploran a conexión das tradicións musicais dos seus países. Como resultado soben ao escenario instrumentos tradicionais e un repertorio que vai de norte a sur mesturando os ritmos escandinavos cos fados máis populares. O concerto é...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela con dous concertos
A Real Filharmonía de Galicia pecha as súas actividades estivais en Santiago coa súa participación na edición número 52 de Música en Compostela, Curso Universitario Internacional de Música Española. A orquestra compostelá ofrece dous concertos, os días 4 e 6 de agosto, no Auditorio de Galicia, con entrada gratuita.