EDUCACIÓN

O mundo do circo, representado no Principal polos alumnos do Instituto de Sar

09/05/2006

Un grupo de alumnos do IES de Sar tivo a oportunidade de subirse ó escenario do Teatro Principal para representar "A derradeira promesa", a obra coa que gañou o XI Certame de Teatro Intercentros. Nunha festiva sesión de teatro, estes novos actores tiveron a ocasión de mostrar as súas habilidades escénicas a un animado público composto sobre todo polos demais rapaces e rapazas que participaron no certame.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Empresarios e investigadores unen esforzos

09/05/2006

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou unha xornada da Rede de Cooperación Local, na que tres investigadores da USC darán charlas a empresarios do Polígono do Tambre. O obxectivo destas charlas é darlles a coñecer a oferta investigadora da Universidade compostelán e como esta pode servir para mellorar os seus proxectos empresariais.

Ler máis

DÍA DE INTERNET

Santiago aposta polos blogs coa campaña "Cadernos Composteláns"

08/05/2006

O Concello de Santiago de Compostela e a axencia Europa Press presentaron hoxe Cadernos composteláns, unha plataforma de blogs vinculada á cidade compostelá e concibida para axudar aos veciños e colectivos a ter o seu propio diario persoal en Internet, cun enfoque principalmente local. Esta iniciativa que Santiago estrea hoxe enmárcase dentro dos actos de celebración do Día Mundial de Internet, o vindeiro 17 de maio.

Ler máis

EDUCACIÓN

A campaña de animación á lectura "Un, dous, tres, que les? remata cun grande éxito de participación

08/05/2006

A VI Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago concluíu cunha animada sesión de contos e música á que asistiron un cento de nenos e nenas cos seus pais e nais. A Galería Sargadelos acolleu o acto de clausura, ao que asistiu a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, e os ilustradores Óscar Villán, Federico Fernández e Marc Taeger.

Ler máis

TRANSPORTES

O transporte urbano, alternativa aos problemas das emisións de gases

05/05/2006

A integración medioambiental das poíticas futuras de transporte centrou a primeira xeira das Xornadas Técnicas sobre Transporte Urbano, que se celebran no Auditorio de Galicia. Nas sesións constatouse a contradición que supoñen as esixencias medioambientais do protocolo de Kioto co crecente uso do automóbil privado e as súa emisións, malia o incremento dos prezos do petróleo.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Santiago estreará un novidoso parque infantil de integración

05/05/2006

Santiago contará a partir do martes 23 de maio, ás 19:00 horas, cun singular parque infantil, adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas. O Parque da Constitución convértese no terceiro destas características co que contará a cidade, e únese aos da Alameda e de Fontiñas. O Concello investiu neste parque un total de 102.000 euros.

Ler máis

CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Chega o "Festival de Ritmos do Mundo"

05/05/2006

"Move’m Cult & Danza, festival dos ritmos do mundo" trae a Santiago un espazo de divulgación de diversas cultura a través do movemento, da música e da arte. Este singular evento pretende implicar ós composteláns grazas a un completo programa de actividades a desenvolver en lugares coma o Teatro Principal, os centros socioculturais ou as propias rúas e prazas.

Ler máis
Compartir: