MEDIO AMBIENTE
Os tesouros naturais das 13 cidades patrimonio, ao descuberto nunha mostra con cen fotografías no Museo do Pobo Galego
A concelleira de Medio Ambiente en funcións, Elvira Cienfuegos, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, inauguran esta tarde a mostra que permanecerá aberta ata o 26 de xuño. Esta exposición itinerante, organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, descobre os valores ambientais menos coñecidos dos trece históricos enclaves.
MEDIO AMBIENTE
Continúa aberto o prazo de inscrición para o campamento urbano ‘Viaxandoando polo mundo’ ata o 18 de xuño
O prazo estará aberto ata o 18 de xuño ou ata cubrir as prazas e a preinscrición pode facerse na rede de CSC en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h. O campamento desenvolverase no mes de xullo en horario de 7.45 a 15.15h nos CSC das Fontiñas, Vite e Conxo aínda que algunhas actividades celebraranse en diferentes parques da cidade. O prezo é de 25 euros cada semana e 100 euros se se colle o mes completo e cóntase con 30 bolsas coa bonificación do 25%.
EDUCACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ
Os pequenos da Escola Infantil de Fontiñas demostraron a súa disciplina ante unha situación de emerxencia
A Escola Infantil Municipal das Fontiñas acolleu un simulacro de evacuación, o primeiro dos que se prevé realizar nas escolas infantís e centros de primaria da cidade, no marco do Programa Municipal de Seguridade e Autoprotección dos Centros Escolares. Os pequenos demostraron a súa preparación e disciplina, xa que, nunha situación de incendio, desaloxaron a Escola dous minutos e cinco segundos.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a redacción do proxecto de mellora da accesibilidade na Almáciga
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou, entre outros asuntos, a adxudicación da redacción do proxecto das obras de mellora da accesibilidade no barrio da Almáciga. Ademais, aprobouse o novo convenio entre o Concello e a Fundación Refuxio de Animais.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unhas xornadas reivindican o papel da muller na produción cultural galega
A Concellería de Participación Cidadá colabora nas Xornadas sobre a visibilidade da muller na produción cultural galega e a reflexión crítica da cidadanía Que ves cando me ves?. Esta programa, boa parte do cal se desenvolverá na Casa das Asociacións, pretende promover un espazo común de encontro e relación en torno á análise da diferenza de xénero.
EDUCACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ
Un simulacro porá a proba o Plan de Emerxencia das Escolas Infantís Municipais
A Rede Municipal de Escolas Infantís conta xa cun Plan de Emerxencia e Evacuación, que se plasma nun Manual de Autoprotección e en diversas accións de formación e simulacros de actuación, todo isto no marco do Programa Municipal de Seguridade e Autoprotección dos Centros Escolares. A Escola Infantil das Fontiñas acollerá o martes 7, ás 10:30 horas, un destes simulacros previstos.
CULTURA
Arrancou a V Semana Internacional do Ilusionismo "Compostela Máxica 2011"
Santiago acolle a V Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica 2011, cun programa repleto de actividades destinadas a todos os públicos que se desenvolverán en diversos espazos da cidade ata o domingo 12 de xuño.
FESTAS
Cancións populares galegas no certame de corais das Festas da Ascensión
A Concellaría de Festas preparou para a xornada do domingo un plan de actividades variado e para todos os públicos, con música, corais e monicreques.
FESTAS
A XIII Festa dos Maiores reuniu 2.000 persoas no recinto feiral de Amio
No marco das Festas da Ascensión, celebrouse a décimo terceira edición da Festa para os nosos maiores, que contou con 2.000 asistentes.
ALCALDÍA
O Blu:sens Monbus brindou o ascenso á ACB á cidade e aos seus fieis afeccionados
Só un día despois do seu ascenso en Burgos á liga ACB, o Blus:ens Monbus quixo estar con toda esa afección que non se puido desprazar a terras castelás, pero que apoiou incansablemente ao equipo en toda a temporada. Alí, na praza do Obradoiro, xogadores, técnicos e directivos brindaron o triunfo á cidade.