ALCALDÍA
O alcalde reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ángeles Fernández
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa presidenta da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ángeles Fernández.
PLENO
O Pleno aproba a designación de membros do Consello Municipal de Saúde
O Pleno da Corporación aprobou este xoves, na sesión ordinaria de marzo, a designación dos membros do Consello Municipal de Saúde. Deste xeito, este órgano queda definitivamente reactivado, despois da primeira reunión constitutiva celebrada en xaneiro, tras un longo período de dez anos sen celebrar ningunha xuntanza.
PLENO
A Corporación acorda revisar a ordenanza que regula os vados da cidade
O pleno da Corporación acordou, na sesión ordinaria de marzo, revisar a Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública, no que ten que ver cos vados da cidade. A decisión foi adoptada por unanimidade polos catro grupos municipais.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no I Congreso Internacional de Medicina e Cirurxía da USC
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes no I Congreso Internacional de Medicina e Cirurxía, organizado pola asociación MEIGA (MEdicina Intercambios Galicia) na Facultade de Medicina. A deste mércores foi a última xornada do encontro, no que participaron máis de 250 congresistas.
ACCIÓN CULTURAL
Un recital poético-musical conmemora o 160º aniversario do Banquete de Conxo
A escalinata do pavillón central do Hospital Psiquiátrico de Conxo acollerá o vindeiro venres 18 de marzo, ás 19:30 horas, un recital poético-musical co que se conmemorará o Banquete de Conxo. Ese mesmo día, o CSC Aurelio Aguirre acollerá dous obradoiros didácticos sobre poesía.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan as dependencias de Cruz Vermella
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acudiron á sede de Cruz Vermella para coñecer os programas de traballo que desenvolven dende a entidade. A delegada territorial de Cruz Vermella e presidenta en Santiago, Mercedes Casanovas, agradeceu a presenza do rexedor e a concelleira e achegoulle as demandas de cara a este 2016.
MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente celebra o Día da Árbore con roteiros guiados polos parques de Santiago de Compostela
A Concellaría de Medio Ambiente preparou un programa de roteiros guiados polos parques de Santiago para celebrar o Día da Árbore. Haberá visitas para o público en xeral e para os centros de ensino, en colaboración co Museo de Historia Natural e o CIAC acollerá actividades de divulgación para o público familiar. En Compostela hai preto de 23.000 árbores en zonas verdes e 7.200 en alcorques.
ESPAZOS CIDADÁNS
Avanza o proceso de revisión do Plan Especial
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presidiu este mércores unha nova xuntanza no marco do proceso de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica. A reunión serviu para analizar inicialmente o documento de información urbanística e diagnose da zona vella, no que se recollen os seus usos e se analiza o estado actual de instalacións e edificacións.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O grupo de escolares do IES Eduardo Pondal gañador do concurso Aula de Patrimonio foi recibido no Concello de Salamanca
O grupo de escolares do IES Eduardo Pondal que gañou en Santiago o concurso do programa Aula de Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, foi recibido no Concello de Salamanca, como parte das actividades que os mozos e mozas teñen previstas ata este 17 de marzo.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou esta fin de semana unha vítima en Xixón.