EDUCACIÓN E MOCIDADE

Os rapaces das escolas rurais compostelanas xa poden "troular con arte"

10/11/2005

A ludoteca itinerante Troularte é un proxecto das concellerías de Educación e Mocidade e Promoción Económica que pretende ofrecer unha alternativa de lecer aos rapaces que non teñen á súa disposición unha ampla oferta de actividades extraescolares, por formarse en escolas e centros rurais de Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

Bugallo e Varela colocan a primeira pedra do centro de novas tecnoloxías

09/11/2005

O alcalde compostelán e o conselleiro de Traballo inauguraron as obras deste novo centro compostelán, que dependerá especificamente da Consellería de Traballo e terá como obxectivo formar ás persoas desempregadas e en activo. Ademais, ofrecerá formación a distancia a través da rede de centros de formación ocupacional da Consellería.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O centro sociocultural de Vite acolle a exposición "70 Aniversario Monopoly"

09/11/2005

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, inaugurou a exposición "70 Aniversario Monopoly" que se poderá ver ata o vinte de novembro no centro sociocultural de Vite. No acto de inauguración estiveron presentes o responsable de Marketing de Hasbro Iberia, Ignacio Gaitán, e o campión mundial de Monopoly, o madrileño Antonio Zafra.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello promoverá a autocompostaxe

08/11/2005

A Concellería de Medio Ambiente distribuirá 75 composteiros e asesoramento técnico ás persoas que desexen facer compost nas súas casas, sempre que teñan horta ou xardín.

Ler máis

REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO

Aprobado o proxecto de acondicionamento da praza de Cervantes

08/11/2005

Os arquitectos Javier Franco e Vicente Pintos foron os encargados da redacción do proxecto básico de acondicionamento da praza de Cervantes e o seu contorno, por unha cantidade 7.700 euros, que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar.

Ler máis
Compartir: