CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Cita en Santa Marta con "Imos ao baile"
O sábado 22 de febreiro, a partir das 17:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais.
TURISMO
Máis de 60 restaurantes participan no primeiro Entroido Gastronómico dos Xenerais da Ulla
A concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; o concelleiro de Turismo de Vedra, Manuel Costa; Carlos Martínez; o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla; e o concelleiro de Comercio de Silleda, Luis Rodríguez Vázquez, presentaron no Pazo de Raxoi o primeiro Entroido Gastronómico dos Xenerais da Ulla, que se celebrará en máis de 60 restaurantes dos concellos nos que ten lugar esta festividade tradicional, que se remonta á primeira metade do...
XUVENTUDE
Últimos días para anotarse no campamento de iniciación ao esquí en Leitariegos (León)
Ata o venres 21 de febreiro estará aberto o prazo para anotarse no campamento de iniciación ao esquí Imos á neve, organizado pola Concellería de Xuventude e que se desenvolverá do 2 ao 4 de marzo en Leitariegos (León). Ata 30 mozos e mozas de 14 a 20 anos poderán participar neste programa, que combinará as clases de esquí con actividades de inglés e xogos.
CULTURA
A opereta "Barbazul, unha sabotaxe amorosa" e a comedia "El gran día de la madre", propostas teatrais da semana
No programa cultural para esta semana temos dúas obras de teatro na Zona C e no Auditorio Novagalicia Banco. Este mesmo xoves 20 poderemos ver a primeira das propostas, Barbazul, unha sabotaxe amorosa, opereta para clown e soprano dirixida por Marta Pazos e protagonizada por Mónica de Nut e Borja Fernández. Será na Zona C e repetirán función venres, sábado e domingo e a seguinte semana tamén de xoves a domingo. As funcións comezarán ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30...
CULTURA
O músico francés David Kadouch inaugura o VI Ciclo de Piano Ángel Brage
O pianista francés David Kadouch inaugura este xoves o VI Ciclo de Piano Ángel Brage cun programa no que interpretará obras de Janácek, Bartók e Chopin. Será a partir das 21:00 horas no Auditorio de Galicia. As entradas para este concerto poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas) ou en Novagalicia Banco (web e teléfono). Ademais, o xoves estará aberta a billeteira do Auditorio dende as 18:00 horas ata a hora do concerto. O prezo é de 12 euros, 6 euros para estudantes e xubilados....
SEGURIDADE CIDADÁ E BRIGADA
Os servizos municipais realizaron máis de 1.000 intervencións con motivo dos sucesivos temporais das últimas semanas
A concelleira de Seguridade Cidadá en funcións, Cecilia Sierra, e o edil responsable da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, fixeron balance das actuacións dos diferentes servizos municipais con motivo dos sucesivos temporais de vento e chuvia entre o 23 de decembro e o 14 de febreiro. Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Brigada de Vías e Obras e concesionarias como Urbaser ou Viaqua compuxeron o dispositivo de emerxencia.
FESTAS
Os Xenerais da Ulla encabezarán en Santiago o desfile do martes de Antroido
O 4 de marzo celebrarase unha nova edición do tradicional desfile do martes de Antroido en Santiago de Compostela, que estará encabezado, se o tempo o permite, polos Xenerais da Ulla. A comitiva que estará formada por catro correos, o Coro do Bonito e 14 xenerais.
EMPREGO
Entrega de diplomas aos 33 participantes no programa formativo Emprego con Apoio
A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu no Hostal dos Reis Católicos á entrega de certificados de asistencia aos participantes no programa de prácticas formativas do proxecto Emprego con Apoio, desenvolvido polo BBVA en colaboración con Down Galicia. Grazas a esta iniciativa pioneira en España, 33 mozos e mozas coa síndrome de Down adquiriron unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos de...
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Conferencia Final do Proxecto Parkatlantic
A concelleira de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo, asiste xunto co xefe de Biodiversidade e membros do Comité de Pilotaxe do Proxecto Europeo Parkatlantic á Conferencia Final que se celebra en Angers (Francia) os días 17 e 18 de febreiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe á estación de esquí de San Isidro (León)
A Concellería de Centros Socioculturais abre este xoves 20 de febreiro, a partir das 17:00 horas, o prazo de inscrición na primeira das viaxes de varios días do programa Imos de excursión 2014. Trátase da viaxe denominada "Neve en familia", que se realizará os días 15 e 16 de marzo á estación de neve de San Isidro, en León.