XUNTA DE GOBERNO
Duascentas cacharelas e sardiñadas para celebrar a noite de San Xoán
A Xunta de Goberno autorizou 200 cacharelas e sardiñadas para a noite de San Xoán. Entre outros asuntos, tamén se aprobaron as liquidacións do transporte urbano e a prórroga do servizo de limpeza das dependencias municipais.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Benvida veciñal ao verán cunha gran festa e unha mostra de traxes tradicionais galegos
A II Festa do Solsticio de Verán deu a benvida á nova estación na Casa das Asociacións. Veciños e veciñas participaron nesta celebración lúdica e gastronómica e asistiron á apertura da exposición A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros, que poderá visitarse ata o 30 de xullo.
EDUCACIÓN
Xornada de convivencia das escolas infantís no Centro de Interpretación do Medio Rural
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou o Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela (Figueiras). Alí celebrábase unha xornada de convivencia das escolas infantís municipais.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A conferencia "Es un bo/a xefe/a" abre as Xornadas Internacionais de Coaching 2010
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o presidente de AJE A Coruña (Asociación de Xóvenes Empresarios de A Coruña), Daniel Ramos; e Daniel Álvarez Lamas, licenciado en Economía e especialista en Dirección polo Instituto de Empresa (IESE) presentaron a conferencia Es un bo/a xefe/a? Coaching para a túa empresa, que abre as Xornadas Internacionais de Coaching 2010 (XIC10). Este relatorio, que se celebrará o día 22 de xuño, ás 19:30...
ALCALDÍA
A Policía Local incorpora catro novos vehículos ao seu parque móbil
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou os novos catro vehículos da Policía Local, que substitúen a outras unidades retiradas pola antigüidade. En total, o parque móbil da Policía Local conta agora con 27 coches e catro motocicletas.
ALCALDÍA
Compostela revalida o seu compromiso coa música ao ritmo do Himno da Alegría
A praza do Obradoiro acolleu o acto institucional con motivo do Día Europeo da Música. A lectura dun bando polo alcalde e a interpretación do Himno da Alegría da 9ª Sinfonía de Beethoven deron paso a unha xornada chea de actuacións musicais en diversos espazos da cidade, organizadas pola Concellería de Educación.
MEDIO AMBIENTE
O Mercado entre Lusco e Fusco achegará a produción ecolóxica ao Parque de Belvís
"Os mercados entre lusco e fusco son mercados de productos ecolóxicos e de proximidade que se van celebrar os martes no serán nas terrazas do Parque de Belvís". Así os presentou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, nunha comparecencia ante os medios na que estivo acompañada por Aurora Calviño, do colectivo Hortiña da Ponte.
ALCALDÍA
O Concello recibe 350.000 euros da Deputación da Coruña para diversas actividades de promoción turística
A Deputación da Coruña destina 350.000 euros financiar a realización de diversas actividades de promoción turística de Santiago de Compostela. Así se recolle no convenio asinado na sede da institución provincial polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, para o financiamento do Plan de Mellora da Calidade Turística de Compostela.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio concede o Premio Patrimonio 2010 á Fundación o Santa María la Real de Aguilar de Campoó
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, ao que pertence Santiago de Compostela outorgou o Premio Patrimonio 2010 á Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoó. Así o decidiu a Asemblea Xeral do Grupo celebrada en Salamanca e á que asistiu a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Música, teatro, maxia e sardiñas para celebrar a chegada do verán
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou a II Festa do Solsticio de Verán, que terá lugar a noite do martes 22 de xuño na Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3). Aproveitando esta celebración, ese mesmo día inaugurarse no mesmo espazo a exposición A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros, que poderá visitarse ata o 30 de xullo.