CENTROS SOCIOCULTURAIS
A praza Roxa acolle esta fin de semana a Árbore das Ilusións
Fin de semana de intensa actividade para todos aqueles cidadáns que desexen compartir a decoración da Árbore das Ilusións e doutros elementos. Poderán achegarse ata a praza Roxa desde o sábado ata o luns para compartir esta experiencia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba melloras na área deportiva de Conxo e na zona do Romaño
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa dos asuntos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno, entre os que salienta a aprobación de dous proxectos: un de melloras na área deportiva de Conxo e outro de actuacións viarias e de saneamento na zona do Romaño e Pontepedriña de Arriba. Así mesmo, concedeuse unha licenza para a instalación dunha plataforma elevadora nun edificio catalogado da rúa Nova de Arriba e asinouse un novo convenio con Gas Galicia para subministro ao sunp...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Última proxección do programa Compostela Cine Classicss 2014
Cine Classicss remata hoxe venres este ciclo de proxeccións co gran clásico de Frank Capra "Que fermoso é vivir" (1946) moi acaído a estas datas, coa etiqueta de cine familiar e unha duración de 130 minutos.
XUNTA DE GOBERNO EXTRAORDINARIA
Comeza no mes de xaneiro a segunda fase das obras do barrio de Vista Alegre
A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada esta semana vén de aprobar a adxudicación da segunda fase das obras para a mellora da mobilidade e accesibilidade do barrio de Vista Alegre, que comezarán no vindeiro mes de xaneiro.
EDUCACIÓN
O Teatro Principal acolle o Festival de Nadal dos alumnos da Escola Municipal de Música coa participación de máis de 250 alumnos
A cita é hoxe venres ás 19.00 h e conta coa asistencia da concelleira de Educación, María Corral. Mañá sábado, continúan as actividades da EMMS cun concerto ás 12 na praza do Toural no que participarán Orquestra, Orquestriña e a Banda, agrupacións integradas todos elas polo alumnado e o profesorado da EMM. Ditas propostas veñen sumarse a ampla programación cultural e educativa da nosa cidade nestas datas.
TURISMO
Compostela Gastronómica Nadal celebra un ciclo de obradoiros de cociña infantil
Herbas, chourizo e queixos do país serán algúns dos ingredientes principais destes obradoiros dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos. O Mercado de Nadal contará durante a fin de semana con degustacións e tapas elaboradas por tres restaurantes da cidade
MOBILIDADE
Recomendacións da Policía local para facilitar a mobilidade nos viais da cidade por mor dos desprazamentos das festas
As festas de Nadal levan consigo o incremento dos desprazamentos por compras e a correspondente concorrencia de público en zonas comerciais. A Policía Local de Santiago afánase en colaborar na mellora do tráfico rodado ao ser a época do ano que máis intensidade circulatoria rexistra nas zonas comercias da cidade. Ao mesmo tempo e co principal obxectivo de favorecer a circulación rodada no centro e entorno dos centros comerciais, dende a Policía Local recomendase que na medida do posible se eviten esas franxas horarias.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local intensifica a campaña de control de consumo de alcol e drogas por mor das festas do Nadal
Insta aos composteláns a ser prudentes ao volante e a non mestuar alcol e condución. A campaña realízana conxuntamente coa Dirección Xeral de Tráfico.
COMERCIO
Quince postos e obradoiro de monicreques para os máis pequenos este sábado nun novo Mercado de San Pedro
Produtos variados subministrados por comerciantes do Barrio e actividades para nenos serán protagonistas no segundo dos Mercados de San Pedro, que se celebrará este sábado 20 entre as 11 e as 15 horas. A praza 8 de Marzo acollerá quince postos de venda nesta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e cofinanciada con fondos europeos FEDER no marco do programa Urbana Santiago Norte.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural do Ensanche acolle este sábado un torneo de futbolín
A Concellería de Xuventude e a UMAD levará a cabo este sábado, 20 de decembro un torneo de futbolín no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche.