CULTURA
Los Secretos ofrecen un novo concerto en Santiago de Compostela o 3 de abril tras esgotarse as entradas para o día 4
Los Secretos amplían a súa presenza en Santiago logo da gran demanda que están a ter as entradas para o seu directo, que xa obrigara por aforo a cambiar o emprazamento do Teatro Principal ao Auditorio Novagalicia Banco. Aínda que faltan dous meses, os tickets para o concerto do venres 4 de abril vendéronse por completo e a banda decidiu sumar unha nova cita na cidade o xoves 3.
CONSORCIO
A Real Filharmonía interpreta a ópera "O teléfono" en varios concertos didácticos
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria. O primeiro será este mércores 29, ás 11:00 horas; e o segundo o venres 31, tamén ás 11:00 horas. Ademais, o sábado 1 de febreiro, ás 18:30 horas, a orquestra ofrecerá o mesmo recital, nesta ocasión dirixido ao público en xeral, en particular ás familias. As tres citas terán lugar no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
A Semana Santa 2014 terá unha procesión máis e colaboracións musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu á Xunta de Confrarías, presidida por Salvador Forján. Na reunión abordouse a preparación da Semana Santa 2014, que terá un programa pechado xa á volta do Entroido.
CULTURA
Cinco novas propostas no Blues Nite ata maio
Blues Nite naceu en 2013 para concentrar as propostas de diferentes estilos de música todos arredor do blues e as súas variantes e fusións. O público compostelán e artistas internacionais, nacionais e galegos xa confirmaron na primeira edición que o blues ten na cidade a forza suficiente para ter un ciclo propio. Así, o director-xerente do Auditorio de Galicia presentou a proposta do ciclo para este 2014, de xaneiro a maio, e fíxoo acompañado de Víctor Aneiros, quen protagoniza o primeiro dos concertos do ciclo. Todos os...
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social e Executivas de Galicia buscan fórmulas de colaboración na promoción da igualdade
A concelleira de Benestar, María Castelao, e Executivas de Galicia mantiveron unha reunión de traballo para explorar formulas de colaboración na promoción da igualdade e da visibilidade das mulleres na cidade de Santiago. Se ben é unha asociación de ámbito autonómico, Executivas ten a súa sede na capital galega e un bo número das súas asociadas son de Compostela.
CONSORCIO
Un libro sobre a orixe de Santiago, a primeira cidade galega, destaca que no século XII xa ocupaba 30 hectáreas
O Consorcio e a Universidade de Santiago acaban de publicar a segunda edición revisada do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, de Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares, presentaron a publicación no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías).
PLENO
A Corporación aproba un orzamento marcado polo seu carácter dinamizador, a rebaixa fiscal e a baixada da débeda
A Corporación municipal, nun pleno extraordinario, aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2014, que prevé ingresos e gastos polo mesmo importe: 100.941.779 euros. Trátase pois dunhas contas equilibradas que apostan por seis eixes de actuación: apoio á promoción e á dinamización; políticas de carácter inversor; fomento do emprego; sostibilidade do gasto social, dos servizos públicos e da calidade de vida; mellora da eficiencia da Administración e política fiscal equitativa. As contas foron...
TURISMO
Turismo de Santiago continuará promocionando as conexións aéreas internacionais de Lavacolla neste 2014
Turismo de Santiago definiu a súa axenda de reunións na pasada edición de Fitur en función das conexións aéreas coas que contará a cidade nesta temporada de verán, que será a de maior conectividade internacional da historia do aeroporto, con trece conexións xa confirmadas: Bruxelas, Roma, Londres Stansted e Londres Gatwick, Estambul, París, Dublín, Frankfurt, Milán, Xenebra, Basilea, Zurich e Caracas. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, fixo balance en rolda de prensa destas xuntanzas na feira...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para unha nova convocatoria do curso "Habilidades básicas para o coidado de persoas maiores no fogar"
A Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, programa un novo curso dirixido á mellorar as habilidades dos coidadores de persoas maiores no fogar. Nesta ocasión, o curso conta tamén coa colaboración da Concellería de Benestar Social.
ALCALDÍA
Pedro Feijoo, Arturo Pérez-Reverte e Petros Márkaris recibiron o Premio San Clemente
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de entrega do Premio San Clemente na súa XIX edición. Pedro Feijoo, Arturo Pérez-Reverte e Petros Márkaris foron os galardoados nesta ocasión.