XUNTA DE GOBERNO
Case 600.000 euros para obras de reforzo do firme no rural compostelán
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os sete proxectos de reforzo do firme da vía pública incluídos no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. Estas actuacións suman un investimento de 588.517 euros.
TRÁFICO
En marcha unha campaña de control da velocidade en travesías e vías periurbanas
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta da realización, entre o 20 e o 26 de agosto, dunha campaña de control de velocidade nas travesías e vías periurbanas da cidade. Estes controis son realizados pola Dirección Xeral de Tráfico no marco dunha campaña habitual por estas datas, contando coa colaboración da Policía Local.
BENESTAR SOCIAL
Paula Prado loa o traballo de COGAMI no eido das empresas de economía social
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visitou no Polígono do Tambre as instalacións do centro de reciclaxe TRAMEVE, un centro especial de emprego que forma parte do grupo empresarial que ten a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Este complexo dedícase á reciclaxe ecolóxica de pezas de vehículos fóra de uso.
MOBILIDADE
Santiago acolle o encontro "A mobilidade en tempos de crise" do 12 ao 14 de setembro
O Museo do Pobo Galego acollerá do 12 ao 14 de setembro o encontro A mobilidade en tempos de crise, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) coa colaboración do Concello de Santiago. O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou a apertura do prazo de matrícula para estas xornadas.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago intensifica a colaboración coa Cruz Vermella
A concelleira delegada de Benestar Social, Paula Prado, mantivo este martes unha xuntanza co coordinador comarcal da Asemblea da Cruz Vermella, Cibrán Vázquez, co obxecto de abordar a sinatura do convenio anual de colaboración con esta entidade social. Incorpórase como principal novidade a prestación do servizo de teleasistencia no fogar, dirixido a todos aqueles maiores da cidade que vivan sós, como medio de prevención de riscos, e que se complementará coa implantación de 20 sistemas periféricos de detección de gas,...
FESTAS
Todo listo para o agardado concerto de Tom Jones na praza da Quintana
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, confirmou que xa está todo ultimado para o concerto que Tom Jones ofrecerá na praza da Quintana o luns 27 a partir das 22:30 horas. A penas quedan 500 entradas das 3.000 postas á venda, moitas delas adquiridas por persoas de diversas partes de España, o que dá conta da expectación creada por esta actuación, a única do cantante galés na Península no marco da súa actual xira.
URBANISMO
O Concello modificará puntualmente o PXOM para clarificar e flexibilizar as interpretacións restritivas dalgúns artigos
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a modificación puntual de catro artigos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), co obxecto de clarificar algúns deles, suxeitos a diferentes interpretacións técnicas, e para flexibilizar outros que resultaban máis restritivos que a normativa autonómica na materia. Así, os cambios afectarán a aqueles inmobles fóra de ordenación parcial e ás alturas dos locais comerciais.
ALCALDÍA
O alcalde recibe en Raxoi unha delegación de alumnos da Universidade de Helsinki
A alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu unha delegación de 17 alumnos da Universidade de Helsinki (Finlandia). O acto contou coa presenza do vicedirector do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Antón Pazos, e do concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
As obras de recuperación do campanario da igrexa de Laraño comezarán en setembro
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, comunicoulle á asociación veciñal de Laraño e ao párroco que as obras de recuperación do campanario da igrexa parroquial comezarán a primeiros de setembro.
ALCALDÍA
Clausurada outra edición do curso internacional Música en Compostela
Os concelleiros Amelia González e Albino Vázquez participaron no Hostal dos Reis Católicos no acto de clausura do Curso Universitario Internacional Música en Compostela.