EMPREGO
As "Actas das Xornadas técnicas de empresas de inserción laboral" analizan a utilidade destas iniciativas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, presentaron a publicación Actas das Xornadas técnicas de empresas de inserción laboral. O libro recolle, a través das súas 125 páxinas, as intervencións e conclusións das Xornadas técnicas de empresas de inserción laboral, celebradas o 14 de decembro no Pazo de Exposición e Congresos.
TURISMO
Os Diálogos serán o lugar para la reflexión dentro do Fórum Gastronómico 2010
Ferran Adrià, Jacques Maximin, Marcelo Tejedor, Pierre Gagnaire, Gabino Sotelino ou Alice Feiring compartirán as súas impresións sobre o presente e o futuro do sector enogastronómico con profesionais da cociña e o viño. Será grazas aos Diálogos do Fórum Gastronómico Santiago 2010.
ALCALDÍA
Ponse en marcha o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas
O Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas dos Aeroportos da Rede de Aena en Galicia bota a andar tras a sinatura en Santiago do convenio polo se que se crea. Este organismo ten o obxectivo de aunar esforzos para o crecemento do tráfico aéreo en Galicia.
ALCALDÍA
A nova cartografía do Camiño de Santiago guiará os peregrinos no Xacobeo
O ministro de Fomento, José Blanco, escolleu o Pazo de Raxoi para presentar a nova colección cartográfica do Camiño de Santiago realizada polo Instituto Geográfico Nacional (IGN). Destinada fundamentalmente aos peregrinos que durante 2010, Ano Xacobeo, pretendan percorrer o Camiño, subministra toda a información necesaria na planificación do percorrido.
CULTURA
A Biblioteca Compostela suma catro novos títulos de literatura contemporánea europea
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de edicións da editorial, Carlos Lema, presentaron os títulos publicados en 2009 e os vindeiros lanzamentos da Biblioteca Compostela, a colección de literatura contemporánea europea editada por Galaxia co apoio da Concellería.
ALCALDÍA
O conselleiro de Cultura comprométese a reaxustar a promoción do Xacobeo 2010 e a reunirse coas entidades cidadás
Na súa visita a FITUR, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación do Xacobeo 2010 no pavillón de Galicia, tras a cal mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Este ratificou a súa vontade e o seu compromiso de reaxustar a promoción do Xacobeo, dándolle ao Camiño de Santiago, á capital galega e ao Ano Santo o protagonismo que lles corresponde. Este axuste xa está en curso, segundo Varela explicou a Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Apoio á Empresa de Promoción Económica atendeu 420 consultas en 2009
O Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu 420 consultas en 2009, procedentes de 198 usuarios, dos que 103, o 52%, eran mulleres. O SAE pon a disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento, consolidación e crecemento dos seus negocios.
ALCALDÍA
O Ministerio de Cultura terá unha participación activa nos eventos do Ano Santo 2010
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Madrid coa ministra de Cultura, Ángeles González Sinde. A reunión estivo centrada en varios temas, comezando pola preparación da convocatoria do Real Patronato para o 24 de xullo de 2010.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas
O xoves 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas continúan as charlas das Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas. Nesta ocasión contaran como relator co doutor Manuel Martín, portavoz da Plataforma Galega en defensa da Sanidade Pública.
ALCALDÍA
O alcalde transmite a "indignación" da cidadanía de Compostela pola promoción do Xacobeo 2010
A promoción e a programación do Xacobeo 2010 por parte da Xunta de Galicia suscita "preocupación e indignación", en palabras do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras a xuntanza mantida cos presidentes de diferentes entidades cidadás para falar deste tema.