EDUCACIÓN E MOCIDADE

Comenza o programa "Música na Escola"

20/02/2006

O departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago presentou o programa "Música na Escola" que se desenvolverá ao longo do mes de marzo en tódolos colexios que o soliciten.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Vintesete xitanos de Santiago atoparon traballo grazas ao programa Acceder

16/02/2006

A Fundación Secretariado Xitano, en colaboración coa Concellería de Benestar Social, está a desenvolver desde hai un ano o Programa Acceder, que busca impulsar o acceso da poboación xitana á formación e ó emprego normalizados a través da posta en marcha de dispositivos adaptados e integrados de emprego.

Ler máis

EDUCACIÓN

Un itinerario didáctico guía aos escolares na exposición de Bal y Gay

16/02/2006

Co gallo do centenario do nacemento de Bal y Gay, a exposición "Jesús Bal y Gay. Tientos e Silencios 1905-1993"
que estará no Pazo de Fonseca ata o 5 de marzo, reconstrúe a biografía do músico, musicólogo e intelectual lucense mediante un percorrido polas diferentes etapas da súa vida e da súa obra ensaística e musical.

Ler máis

SANIDADE

O refuxio de Bando deu máis animais en adopción que recolleu no que vai de ano

15/02/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, visitaron o mércores 15 de febreiro ás 12 horas o refuxio de animais de Bando, que comezou a funcionar a principios de 2005 con carácter municipal. Prevese que a partir do vindeiro mes de marzo o refuxio pase a acoller animais doutros municipios da comarca.

Ler máis

CULTURA

Goran Bregovic abrirá o novo ciclo de Sons da Diversidade

15/02/2006

Unha revisión do mito de Carmen, reformulado dende a auténtica cosmovisión xitana de Goran Bregovic será o espectáculo encargado de abrir o novo ciclo de Sons da Diversidade, que organiza a Concellaría de Cultura, este domingo 19 de febreiro no Auditorio de Galicia.

Ler máis
Compartir: