CONCERTOS DIDÁCTICOS NO AUDITORIO

A Real Filharmonía interpreta "Pulcinella", de Stravinsky

18/04/2005

O martes 19 e o mércores 20 de abril rapaces de toda Galicia serán os protagonistas das actividades programadas polo Auditorio de Galicia, dentro dos seus Concertos Didácticos para Xóvenes en coordenación cos centros educativos.

Ler máis

CIDADE

Os Concellos de España reclaman unanimemente o seu protagonismo na sociedade

15/04/2005

O vindeiro 19 de abril todos os concellos do Estado celebrarán plenos extraordinarios co obxectivo de referendar a Carta de Vitoria, un decálogo de medidas que subsanen o actual esquecemento das corporacións democráticas por parte tanto da Admistración central como das administracións autonómicas, e esixir o pago da denominada "débeda histórica".

Ler máis

CULTURA

O Ballet Galego Rei de Viana estrea "Lumieira"

15/04/2005

Pasado e presente fúndense nesta produción, que na súa primeira parte revisa e actualiza algúns dos bailes máis exitosos da compañía no seu medio século de traxectoria, mentres que dedica un segundo acto a presentar as novas coreografías que se incorporan este ano ao repertorio do Ballet. Poderemos velo o sábado 16 e o domingo 17 ás 21 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis

EDUCACIÓN

Unha mañá cos bombeiros de Santiago

15/04/2005

Corenta e oito nenos de educación primaria do Colexio A Milagrosa visitaron o venres 15 de abril o Parque de Bombeiros. Esta actividade insírese dentro do programa de visitas didácticas que organiza o Departamento de Educación os xoves e venres de cada semana.

Ler máis

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Un libro recolle as xornadas organizadas por Andaina arredor da prostitución e a inmigración

13/04/2005

"Outras voces, outros mundos. Mulleres inmigrantes e prostitución en Galicia" é o título do libro que compila os traballos de campo sobre a prostitución e os relatorios de dúas traballadoras sexuais expostos durante as xornadas organizadas pola Asociación Andaina en decembro do pasado ano. A obra está editada pola Asociación Andaina en colaboración coa Concellería de Emigración e Inmigración.

Ler máis
Compartir: