BENESTAR SOCIAL
Clausurados na Trisca os obradoiros para maiores de 60 anos "Positivíza-T"
O Centro Sociocultural da Trisca acolleu, coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao, a clausura e entrega de diplomas aos participantes nos obradoiros "Positivíza-T: Programa de Prevención do Envellecemento Pasivo", que se viñeron desenvolvendo os días 23 e 30 de abril e 7 e 14 de maio. Foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais en colaboración co CSC.
XUVENTUDE
Entregados os premios aos gañadores e finalistas do certame MúsicaXove'12
Os concelleiros Rebeca Domínguez, Adrián Varela e María Castelao entregaron os premios aos gañadores e finalistas do certame MúsicaXove’12, organizado pola Concellería de Xuventude, e clausuraron a exposición de fotografías do concerto final.
DEPORTES
Apoio municipal á S.D. Compostela na súa loita polo ascenso á Segunda División B
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a xunta directiva e xogadores da Sociedade Deportiva Compostela.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Homenaxe a Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos de "Cantares Gallegos"
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela homenaxea a figura de Rosalía de Castro cun concerto especial o 15 de maio, ás 19:30 horas, na igrexa de San Domingos de Bonaval, onde descansa a poetisa galega. A Concellería de Normalización Lingüística súmase a esta iniciativa, que incluirá tamén unha ofrenda floral antes do concerto a cargo de alumnos do Conservatorio e do IES Rosalía de Castro.
ALCALDÍA
O alcalde traslada aos servizos económicos municipais a necesidade de que non coincida no tempo o pago de varios impostos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou que lle solicitou aos servizos económicos que se tomen as medidas para que non se solape no tempo o cobro de diferentes impostos, como os de bens inmobles (IBI) ou de vehículos. "Quero evitar que se repita a coincidencia de pago de diferentes tributos no mesmo momento", indicou.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a frei José Rodríguez días antes da súa ordenación como arcebispo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a frei José Rodríguez Carballo, quen recentemente foi nomeado polo Papa Francisco como novo arcebispo de Belcastro e secretario da Congregación de Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica.
DEPORTES
Segunda xornada do Curso de Prevención e Readaptación de Lesións Deportivas
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participou na apertura da segunda xornada do Curso de Prevención e Readaptación de Lesións no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música clausurou no Auditorio de Galicia as súas clases maxistrais de violín e o curso de cámara
Como clausura das Clases Maxistrais de Violín da Escola Municipal de Música, que se viñeron celebrando dende este mes de febreiro, celebrouse un concerto na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Neste mesmo recinto púxose fin con outro concerto ao Curso de Música da Cámara.
FESTAS
Os maiores viviron en Amio outra concorrida e animada edición da súa festa
Celebrouse no recinto feiral de Amio a décimo quinta edición da Festa dos Maiores, que contou con 2.000 participantes.
ALCALDÍA
Un grupo de mozos e mozas almerienses adquire valores solidarios e comunitarios a través do Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron en Raxoi un grupo de 15 mozos e mozas, acompañados por seis monitores da ONG Meridianos, procedentes de Almería, que chegaron á cidade tras realizar unha parte do Camiño de Santiago Sanabrés.