ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "A implicación do Ministerio de Cultura supón un respaldo a nivel nacional para Cineuropa"

03/11/2006

Na súa habitual comparecencia dos venres para analizar a actualidade local, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, felicitouse pola decisión do Ministerio de Cultura de implicarse no festival Cineuropa. "Supón un respaldo a nivel nacional e o de Santiago pasa a ser un dos poucos festivais que conta coa colaboración directa do Ministerio", apuntou.

Ler máis

EDUCACIÓN

Santiago contará con cinco escolas infantís en 2008

03/11/2006

A Escola Infantil de Fontiñas, a segunda de titularidade municipal, bota a andar o luns 6. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, salientou a gran satisfacción do Concello na inauguración do centro, e lembrou que xa se está a traballar para que Santiago conte con catro centros máis deste tipo para 2008.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago renova a súa páxina web

03/11/2006

A páxina web do Consorcio, www.consorcio-santiago.org mudou tanto a súa aparencia coma os seus contidos, co obxectivo de facilitar o seu manexo por parte dos cidadáns. A web, dispoñible en galego e castelán, presenta ademais novas seccións que permiten ao usuario informarse sobre tódolos proxectos que dependen do Consorcio. Deste xeito, pódense consultar os diferentes programas de rehabilitación vixentes para o Casco Histórico, así como a normativa ou os concursos convocados. Por outra banda, a páxina...

Ler máis

CULTURA

A cultura compostelá trasládase a Santiago de Cuba

02/11/2006

No marco do irmandamento entre Santiago de Compostela e Santiago de Cuba, a Concellaría de Cultura celebra o programa "Os camiños de Santiago". Do 6 ao 14 de novembro, un amplo grupo de artistas composteláns ofrecerán unha mostra da nosa cultura na vila caribeña, no que será un auténtico "diálogo cultural", tal como o definiu o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación das actividades.

Ler máis

CULTURA

Cineuropa premia a traxectoria do compositor Stephen Warbeck

02/11/2006

O festival Cineuropa comeza cun concerto inaugural no Auditorio de Galicia. Nel, a Real Filharmonía interpreta cinco pezas musicais protagonistas de bandas sonoras, entre elas dúas compostas por Stephen Warbeck, as de Shakespeare in love e Billy Elliot. Neste mesmo acto entregaráselle un dos premios de Cineuropa deste ano ao compositor Stephen Warbeck, gañador dun Oscar pola banda sonora do filme Shakespeare in love, que tamén foi nominada para os premios Grammy.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Tres empresas creadas a partir do proxecto Equal Compostela Social comezan a súa actividade

02/11/2006

O proxecto Equal Compostela Social segue xerando novas empresas, nacidas a partir da iniciativa dos seus participantes. Cando queda un ano para o remate do proxecto, son xa 17 as empresas que xa comezaron a súa actividade ou están a piques de facelo, e outras dez atópanse en fase de constitución. Para os próximos días está prevista a inauguración de tres novos proxectos empresariais, todos eles promovidos por mulleres.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Un grupo de exposicións itinerantes invita aos composteláns a coñecer a historia dos seus barrios

02/11/2006

O venres 3 de novembro, ás 20.00 horas, inaugúrase no Centro Sociocultural da Trisca a exposición "A historia vai por barrios", un proxecto que a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, define como "un dos máis cobizosos" da rede centros dende o seu funcionamento. A primeira das exposicións dará a coñecer a historia do barrio de San Pedro, pero logo virán os de Villestro, Vite, Enfesta, A Rocha e o Ensanche. A mostra comezará no barrio implicado, pero logo pasará polo resto de...

Ler máis
Compartir: