TRANSPORTES
Amplíase o horario do servizo de préstamo de bicicletas
O servizo público de préstamo de bicicletas (COMBICI) amplía o seu horario antes as numerosas peticións recibidas. Por un lado, prolóngase o horario de verán ata o 31 de outubro e, polo outro, amplíase o horario de inverno.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o embaixador de Xapón
O novo embaixador de Xapón en España, Fumiaki Takahashi, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
Galicreques 2009 dedica o seu programa aos países iberoamericanos
Do 2 ao 11 de outubro, diversos espazos da cidade darán acollida ás múltiples actividades que propón o programa do XIV Festival Internacional de Títeres Galicreques. Esta edición está especialmente dedicada a todo o traballo arredor dos monicreques dos países iberoamericanos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
As empresas de Santiago contarán cun espazo promocional gratuíto na Xornada Emprende en Compostela
A IV Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 27 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e por Bic Galicia, contará cun espazo de promoción gratuíto para as empresas de Santiago. Neste espazo poden informar ás persoas e entidades que asistan ao encontro, sobre os servizos e produtos que ofrecen, a través de folletos publicitarios ou outro tipo de publicacións.
ALCALDÍA
Reunión da Comisión de Cooperación para a Xestión e Desenvolvemento do Ano Santo
A Comisión de Cooperación para a Xestión e o Desenvolvemento do Ano Santo 2010 mantivo unha nova xuntanza en Raxoi. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a xuntanza deste órgano, integrado por responsables municipais, autonómicos e da Igrexa.