PLENO
O prego de condicións para a adxudicación da cafetería da estación de autobuses incluirá a subrogación dos traballadores
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de febreiro, aprobou por unanimidade unha declaración institucional con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo.
TURISMO
Reyes Leis considera que a nova ruta aérea con Amsterdam é "unha boa noticia para o turismo e para a conectividade de Galicia"
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, amosouse "moi satisfeita" pola nova conexión internacional con Amsterdam (Holanda) que suma Lavacolla para a temporada de verán. Considerou que esta nova ruta de Vueling, xunto coas anunciadas recentemente de Roma e Bruxelas, son "unha boa noticia para a cidade dende o punto de vista turístico e tamén para a conectividade de Galicia".
ALCALDÍA
O alcalde reitera que o acceso ao aparcadoiro de Galeras se realizará en zona libre e que a glorieta resolverá problemas de mobilidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuniuse con representantes das asociacións de veciños Río Sarela, San Lorenzo, Carme de Abaixo e Aqualume Galeras, cos que falou sobre a construción da glorieta que conectará Galeras coa rúa de Domingo García-Sabell, permitindo o dobre sentido nesta última e eliminando o tráfico nas rúas Carretas e Hortas.
ALCALDÍA
O Concello cede un piso de acollida familiar á Fundación Andrea
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras María Castelao e María Pardo asistiron á inauguración do novo piso da Fundación Andrea cedido polo Concello. Neste inmoble, situado en Conxo de Arriba, poderán ser acollidas as familias de nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais hospitalizados no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
CULTURA
A opereta "Barbazul, unha sabotaxe amorosa", de novo na Zona C
Barbazul, unha sabotaxe amorosa volve de novo esta semana á Zona C tras a suspensión das funcións a pasada fin de semana por motivos de saúde dun dos protagonistas da mesma. Serán catro as funcións que poderemos ver desta opereta para clown e soprano dirixida por Marta Pazos e protagonizada por Mónica de Nut e Borja Fernández. Poderemos vela de xoves a domingo ás 20:30 horas (domingo ás 19:30 horas) na Zona C.
CULTURA
Toni Moog cancela a súa actuación en Compostela por motivos persoais
O humorista Toni Moog vén de anunciar a cancelación do seu espectáculo O mellor de Toni Moog, previsto para este xoves 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Falabaratos. Moog vese na obriga de suspender a función por causas persoais e de forza maior e lamenta as molestias que esta cancelación poidan causar ao público.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, reincorpórase ás súas funcións
A Alcaldía vén de comunicar a incorporación no día de hoxe ás súas funcións do concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, que permanecía de baixa por enfermidade.
FESTAS
Un Antroido con Xenerais da Ulla, participación activa dos barrios e un Meco podador de brotes verdes
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou en rolda de prensa a programación do Antroido 2014. O desfile do martes 4 será o punto forte dun calendario que inclúe o desfile e queima do Meco, un festival infantil de disfraces e un concerto especial da Banda Municipal, entre outras actividades.
CONSORCIO
O Consorcio e Alvarellos Editora editan "Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858", do compostelán Aurelio Aguirre
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publican a obra definitiva do poeta compostelán Aurelio Aguirre (Santiago, 1833 – A Coruña, 1858), que reúne 133 poemas, máis de 80 son inéditos, nun libro titulado Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858. A obra presentarase este martes 25, ás 19:00 horas, na sede da Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 9).
ALCALDÍA
Ofrenda floral a Rosalía de Castro no 177º aniversario do seu nacemento
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu na Alameda o acto de homenaxe a Rosalía Castro con motivo do aniversario do nacemento da poeta, organizado polo Concello e a Fundación Rosalía de Castro. Alí, ante a estatua da escritora na Alameda realizouse unha ofrenda floral.