XUNTA DE GOBERNO
Todo listo para o comezo das obras de reposición de beirarrúas
A Xunta de Goberno elevou a definitiva a adxudicación das obras de reposición de beirarrúas do Concello. Tamén materia de contratación, iniciouse a contratación da reforma do campo de fútbol de Belvís.
CULTURA
Diversos estilos musicais, acrobacias e curtametraxes no Festival dos Abrazos
Para a xornada do martes 24, pendentes da situación meteorolóxica, están previstos varios concertos no Festival dos Abrazos. Ademais, haberá un espectáculo circense, proxección de curtametraxes e unha instalación artística.
MEDIO AMBIENTE
Remata o prazo para solicitar axudas ás plantacións forestais nos montes de Santiago
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do 28 de xullo as Bases para o outorgamento de subvencións para plantacións forestais en montes do Concello de Santiago, polas que se destinan 8.000 euros para contribuír a sufragar as plantacións forestais por particulares e asociacións realizadas durante o ano 2010.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A eurodiputada irlandesa Marian Harkin asistirá ao seminario internacional sobre coidadores familiares
A eurodiputada irlandesa Marian Harkin participará na presentación das políticas europeas destinadas ás persoas coidadoras no marco do seminario internacional do proxecto Coidadores Familiares, que se celebrará o 16 e 17 de setembro en Santiago de Compostela. Este proxecto, pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci, está integrado por sete entidades, pertencentes a seis países: a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago; Caring of Carers de Irlanda; INTEGRA PLUS de...
CULTURA
Unha danza simpática e ritmos caribeños no Festival dos Abrazos
Dentro da programación do Festival dos Abrazos, organizado pola Concellería de Cultura, a xornada do sábado 21 acollerá unha nova proposta dos Abrazos OFF e a música de Antonio Rivas Trío e Danae.
OBRAS
Máis de 42.000 metros cadrados de aglomerado para renovar o firme das vías
A noite do luns 23 comezarán as obras de reposición do firme nas vías municipais, coas actuacións previstas no Hórreo, en Ramón Piñeiro e no Restollal. Esta primeira fase das obras desenvolverase do 23 ao 27 de agosto, sempre pola noite, para afectar o menos posible ao tráfico, segundo indicou o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama.
ALCALDÍA
O Concello expresa a súa repulsa a que se manteña aberto o debate sobre Medicina
A alcaldesa en funcións, Mar Martín, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, compareceron en rolda de prensa para manifestar a repulsa do Concello de Santiago "á inseguridade que supón manter aberto o debate en torno á Facultade de Medicina, un debate ficticio e xustificado só por intereses localistas de determinadas persoas". Expresaban así o seu rexeitamento ás declaracións efectuadas na xornada anterior polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez.
CULTURA
Póñense á venda os abonos para a undécima edición do Ciclo de Lied de Santiago
O venres 20 de agosto póñense á venda no servizo telefónico de billeteira de Caixa Galicia (teléfono 902 434 443) os abonos para a décimo primeira edición do Ciclo de Lied de Santiago de Compostela, que se desenvolverá na cidade durante o mes de setembro.
CULTURA
Jazz e soul electrónico nunha nova entrega do Festival dos Abrazos
As rúas de Compostela acollen dúas novas propostas musicais no Festival dos Abrazos, organizado pola Concellería de Cultura. Na xornada do venres 20, os protagonistas serán Baldo Martínez e Maite Dono e o conxunto Beatspoke.
EDUCACIÓN
O novo CEIP Ramón Cabanillas está a punto para o inicio do curso
A concelleira de Educación visitou as instalacións do centro da Pontepedriña e comprobou tamén o avance das obras no IES Rosalía de Castro, que o vindeiro curso se estreará como centro plurilingüe.