FESTAS
A Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia súmanse á festa
A Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia serán as protagonistas, este xoves, da programación das festas do Apóstolo.
FESTAS
"Música a pé de rúa" para gozar das festas do Apóstolo con seis grupos locais
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá as actuacións da Música a pé de rúa, que encherán tres prazas do Ensanche durante a tarde deste mércores. Na rolda estivo acompañada de dous mozos participantes.
LINGUA
As rúas volven ser para xogar grazas a un programa do Departamento de Lingua
Que os nenos e nenas xoguen libremente nas rúas, como se facía antes, e que o fagan ademais utilizando a nosa lingua. É o obxectivo do programa Despois de merendar… a rúa é nosa!, que hoxe presentou o alcalde nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola técnica de Lingua Marta Besada e polas monitoras de Xandobela Nerea Couselo e Chus Caramés.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Seis nenos e nenas saharauís pasan este verán con familias acolledoras de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios e outros integrantes da Corporación recibiron os nenos e nenas saharauís que pasarán este verán en Compostela no marco do programa Vacacións en Paz. No acto tamén participaron as familias acolledoras; o delegado saharauí para Galicia, Alali Emboiric Mohamed e a presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla.
ESPAZOS CIDADÁNS E ACCIÓN CULTURAL
Seleccionados os cinco proxectos "residentes" para o Matadoiro Compostela
Xa están seleccionadas as cinco propostas de dinamización do Matadoiro Compostela, dentro da convocatoria aberta á que se presentaron 25 proxectos. O obxectivo é que se de desenvolvan nos meses de setembro e outubro, antes de que se convoque o concurso de arquitectura que definirá as melloras que precisa a antiga Casa da Xuventude.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Padrón reafirman os seus fortes vencellos
As festas do Apóstolo tiveron este mércores unha das súas citas máis tradicionais, o Día de Padrón, celebración que tamén se mantén á inversa –na honra de Santiago- na Pascua da vila veciña. Como cada ano, foi o momento de renovar a colaboración e de estreitar os lazos entre os dous municipios.
FESTAS
A praza da Quintana acolle mañá xoves a actuación do coro Saint Luc Banabakintu
A programación das festas do Apóstolo vén de incorporar unha nova actividade, que se vai desenvolver mañá xoves, ás 13:00 horas, na praza da Quintana. Trátase da actuación do coro Saint Luc Banabakintu, un grupo de Costa do Marfil creado en 1974 e que habitualmente canta nunha parroquia de Adjamé, a capital do país. A agrupación leva tempo percorrendo Galicia, para dar a coñecer a realidade cultural e social de Costa do Marfil.
CONSORCIO
O Consorcio saca a concurso as obras de mellora das condicións de uso do Auditorio
O Consorcio de Santiago vén de sacar a concurso as obras de mellora das condicións de uso do Auditorio de Galicia. As empresas interesadas teñen ata o 17 de agosto para presentar a documentación pertinente. O prazo de execución estimado destes traballos será duns seis meses.
FESTAS
Molotov Jukebox e Banda Crebinsky fixeron bailar ao publico da Quintana
As festas do Apóstolo viviron este mércores unha das súas xornadas máis musicais. O concerto máis importante do día foi o que ofreceron na praza da Quintana Molotov Jukebox e Banda Crebinsky.